07 julio 2009

Presentación Do Proxecto “Novo Bulevar De Arteixo”





O vindeiro martes 7 de xullo o Goberno de Arteixo, presidido pola súa Alcaldesa, Dna. Pilar Souto Igleisas, presentará o proxecto no Novo Bulevar de Arteixo, unha actuación urbanística sen precedentes que buscará soterrar o tráfico na Avenida de Finisterre para transformar o centro de Arteixo nunha senda peonil que fomente a integración, a accesibilidade, e a mobilidade, ao mesmo tempo que crea novas prazas de aparcamento soterradas.



O acto terá lugar no Centro Cívico de Arteixo ás 20:00 horas.

2 comentarios :

  1. Anónimo7/7/09 23:51

    que lo aumenten asta el bar travesia

    ResponderEliminar
  2. ¡Síntome orgullosa da nosa Alcaldesa! A pesar do que digan moitos cativos de corazón, ela sí que ten as ideas claras e posúe a coraxe precisa para sacar a Arteixo do urbanismo vandálico que tan alegremente propugnaba o ex-alcalde do PP Manuel Pose Miñones.

    ¡Noraboa, Alcaldesa! ¡Noraboa, Compañeira!

    ResponderEliminar

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.