06 mayo 2011

Multitudinaria acollida dos veciños na Presentación da Candidatura do PSdeG-PSOE de Arteixo que contou coa presenza do Ministro Pepe Blanco

O Luns 2 de Maio ás 20:30 no Centro Cívico de Arteixo, déronse cita preto de cincocentas persoas na presentación da candidatura coa que o PSdeG-PSOE acude a cita electoral do 22 de Maio. Enchendo hasta os topes o local de celebración


Neste acto interviron a compañeira Susana Lebón, que presentou o acto, o Sº Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vazquez, o Ministro de Fomento, Pepe Blanco e a Alcaldesa de Arteixo e Candidata á reelección Pilar Souto.



O Ministro Blanco destacou o seu compromiso con Arteixo e co desenrolo do Porto Exterior de Arteixo e as súas infraestructuras comprometéndose a estudiar o vial de unión de Arteixo co Porto Exterior, agradeceu a invitación a vir ao noso pobo pagando unha débeda que tiña ca nosa Alcladesa e  acompañando os membros da candidatura na que dixo ter unha gran confianza pola amizade e coñecemento que o unía a Martín Seco nº2 da lista e Alberto Rdez Amoroso nº6.


A candidata e alcaldesa Pilar Souto enumerou os múltiples proxectos levados a cabo nestes derradeiros catro anos e esbozou algún dos que se levarán a cabo se durante estos catro anos se o pobo de Arteixo volta a confiar en ela como Alcaldesa así como se comprometeu a seguir traballando polos seus veciños.



Acabou o acto coa presentación da candidatura da que aquí tendes unha foto escoitando o interesante mitín que tivo lugar.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.