19 enero 2012

Nota polo gasto sin sentido do señor Calvelo e o seu grupo de goberno do PP en Arteixo


Fai poucas datas poidemos observar como dende o concello se anunciaba que unha empresa cobraría 17.770 euros para redactar un proxecto de identificación de necesidades e oportunidades para o Centro Tecnolóxico de Arteixo, este tipo de actuacións se suceden nos últimos tempos entre os gobernantes do Concello de Arteixo, multiplicándose o gasto das arcas municipais cun uso pouco austero dos recursos do noso concello, como a adquisición de 11.000 euros en entradas dunha pista de xeo que moi puoca xente tivo o gusto de utilizar, a pesar deste xeneroso gasto en invitacións e os múltiples encargos en estudios e proxectos que evidencian a falla de proxecto do señor Calvelo para o noso pobo.

            Dende o principio de legislatura, tivemos que escoltar que o grupo de goberno do señor Calvelo chegaba cas ideas moi claras do que quería para o noso concello, e vemos que o único que ten claro e como dilapidar o superavit que o anterior goberno deixou para as contas da nosa administración, sen innovar nada e únicamente utilizando os cartos para que outros lle digan o que necesita o noso concello, tanto no desenrolo urbanísitico, como na paisaxe o una utilización das nosas infraestructuras.

            Sería desexable que nestes tempos de crise as contas públicas fosen utilizadas dun xeito austero e que se tratasen de utilizar os medios públicos para salvagardar os intereses e a calidade de vida dos nosos veciños, polo que sería desexable que o señor Calvelo e o seu grupo tivesen claro en que utilizar as nosas infraestructuras como o Centro de Novas Tecnologías, xa que o seu partido bloqueou ata en tres ocasións as iniciativas do grupo de goberno anterior para a sua utilización, impedindo que se lle pudiera dar un uso acorde coas características que foi construido e todo elo sen saber para que querían utilizalo eles.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.