18 febrero 2012

Moción sobre os baremos da Xunta de Galicia para as axudas para promoción do emprego


MOCIÓN
           
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

            Mediante o Decreto 289/1997, de 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación e, a través dos decretos 79/2009, de 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia 83/2009, de 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e 335/2009, de 11 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica, la Consellería de Traballo e Benestar asume o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

O pasado 27 de decembro publicábase no DOGA unha RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 40, do 1 de marzo de 2010), programas de cooperación con entidades locais: subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

Despois de facer unha análise moi meticuloso do reparto feito nos dous últimos anos por concellos e por número de parados podemos apreciar como a Consellería fixo unha vez mais unha demostración da política clientelar e arbitraria que está a levar a cabo o Goberno do PP, o Goberno do Sr. Feijoo.

Unha política insolidaria na que se premia ós concellos e ós parados daqueles municipios gobernados polo PP e se castiga de forma totalmente arbitraria e inxusta as persoas paradas que teñen a súa residencia en concellos gobernados por outras forzas políticas diferentes o PP.
Nos datos publicado no DOGA relativos os anos 2009 e 2010, pódese apreciar como se repartiron os 87.034.082 € nos diferentes concellos.

Para os socialistas o xusto sería que o reparto por concellos fose un reparto equitativo, e que o mesmo estivera directamente relacionado co número de parados censados en cada un dos concellos.

Pero os datos demostran unha vez mais a arbitrariedade e inxustiza do Goberno do Sr. Feijoo porque o facer o análise podemos apreciar como ós Concellos gobernados polo PP lles outorgaron axudas por un total de 40.382.697 € cando por parados inscritos en ditos concellos lles houbera correspondido un total de 20.513.270 €, e dicir lles outorgaron un 96.9% mais do que lles correspondía nun reparto equitativo de ditos fondos.

No caso dos concellos gobernados polo PSdeG, correspondéndolles un total de 50.669.329 €, lles asinaron só 31.424.654 €, e dicir un 38% menos do que lles tocaba por número de parados.

No caso dos concellos gobernados polo BNG este descenso e do 14.6% nestes dous anos de Goberno de Feijoo.

No caso do noso Concello o total do importe aportado pola Xunta foi de 461.288    cando lle houbera correspondido de terse feito dito reparto dunha forma equitativa e xusta por número de parados de dito concello, un total de 882.100  e dicir un 47.7 % menos do que sería xusto.


            Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

            ACORDO:

O Concello de Arteixo, insta á Xunta de Galicia a modificar os criterios das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración con entidades locais, de maneira que as mesmas non se fagan de forma arbitraria e respondendo a intereses políticos senón en función do número de parados e que dito reparto respete a proporcionalidade co número de parados de cada concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.