22 febrero 2012

NOTA DE PRENSA POLAS ALEGACIÓNS AO PRESUPOSTO DO PSOE DE ARTEIXO

 O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO PROCEDEU A PRESENTAR RECLAMACIÓNS CONTRA
O PRESUPOSTO POR ENTENDER QUE NON SE DERON OS REQUISITOS  PROCEDIMENTAIS NECESARIOS PARA A SÚA PRESENTACIÓN, EN PRIMEIRO LUGAR
DESTACAR A FALLA DE CONOCIMENTO POR PARTE DA ALCALDÍA DAS SÚAS
ATRIBUCIÓNS COMO TAL, QUE AÍNDA QUE GUSTA DE TER AS COMPETENCIAS EN CASE QUE TÓDALAS MATERIAS, ESTA MATERIA É ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE DO PLENO DA CORPORACIÓN, POLO QUE AS RECLAMACIÓNS DEBERÍAN DE SER A ESTE ÓRGANO, DESTE XEITO A A PUBLICACIÓN NO BOP É ERRONEA E DEBERÍA DE VOLTAR A SER REALIZADA, TAMÉN FÍXOSE MAL A FALLA DE CONVOCATORIA DOS REPRESENTANTES SINDICAIS ANTES DO DICTAME NA COMISIÓN DE FACENDA, COMO ESTE VOCEIRO LLE INDICOU NA COMISIÓN.

A PARTE DISTO E COMO MATERIA PRINCIPAL DENDE O PARTIDO SOCIALISTA CONSIDERAMOS QUE ESTES PRESUPOSTOS NON CUMPLEN O REAL DECRETO DE LOITA CONTRA O DÉFICIT QUE O PARTIDO POPULAR ELABOROU, COA CREACIÓN DE 6 NOVOS POSTOS DE TRABALLO E UN SISTEMA MÁIS QUE DUBIDOSO NA COBERTURA DESTAS PLAZAS E TAMÉN CO AUMENTO DE DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS. POÑEMOS TAMÉN DE MANIFESTO A EXISTENCIA DUNHA PERSOA FACENDO FUNCIÓNS LABORAIS PERMANENTES SEN CONTAR CON CONTRATO PARA FACELO, COMO É O PERIODISTA CON CONTRATO FINIQUITADO E DENUNCIAMOS A FALLA DE PARTIDAS PARA FACER FRONTE AO CONVENIO ASINADO POLO POLÍGONO DE MORÁS E A INEXISTENCIA DE PARTIDAS PARA FACER FRONTE AS PENAS PATRIMONIAIS QUE XA ESTÁN POR VÍA EXECUTIVA.

DENDE O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA QUEREMOS RESEÑAR UNHA VEZ MÁIS
AS SEGUINTES VALORACIÓNS:

OS QUE SEN DÚBIDA SON OS GRANDES DERROTADOS DESTES PRESUPOSTOS:
AS PARTIDAS EN DEPORTE, EDUCACIÓN, CULTURA, SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E LÉVASE A PALMA PARTICIPACIÓN CIDADÁ CUNHAS DIMINUCIÓNS IMPORTANTES EN TODAS ELAS A NIVEL PORCENTUAL:
  • CULTURA PASA DUN 5% A UN 3,6
  • DEPORTE PASA DUN 6,2% A UN 5,6
  • SANIDADE PASA DUN 0,4 A UN 0,24
  • EDUCACIÓN PASA DUN 6,3% A UN 5,5
  • SERVIZOS SOCIAIS DUN 11,5% A UN 10
  • BAIXA AS CUANTÍAS PARA MULLER DE 173.00 EUROS A 158.000, A DE XUVENTUDE DE 171.00 A 155.000 EUROS
  • BAIXA A CUANTÍA DESTINADA ÁS BIBLIOTECAS
  • BAIXAN ESCANDALOSAMENTE AS PARTIDAS EN PREMIOS E BECAS DE INVESTIGACIÓN, PASANDO DE 19.500 EUROS A 9000.
  • E A PALMA A LEVA PARTICIPACIÓN CIDADÁ QUE PASA DUN PRESUPOSTO DE 25.00 EUROS A 14.500 CASE QUE A METADE.
NO MOMENTO ACTUAL, NO QUE AXUNTA DE GALICIA ESTÁ FACENDO A MAIOR
POLÍTICA DE RECORTES DA HISTORIA, CUN ENSAÑAMENTO ESPECIALMENTE BRUTAL COS SERVICIOS SOCIAIS, A EDUCACIÓN E A CULTURA, A RESPOSTA DESTE CONCELLO É TAMÉN DE RECORTE E DE NON APORTAR ABSOLUTAMENTE NADA A MAIORES PARA MELLORAR A CALIDADE DOS NOSOS VECIÑOS, ESPECIALMENTE DAQUELES QUE PEOR O ESTÁN PASANDO COA CRISE.

ADEMAIS SE AUMENTA O PRESUPOSTO DUN XEITO NAS GRATIFICACIÓNS QUE
LLE VAN A DAR A POLICIA LOCAL, CANDO NESTE DOUS ANOS VEN RECOLLIDO UN
AUMENTO DE 4 PRAZAS, AUMENTAMOS EXPONENCIALMENTE EN TRABALLOS E
ESTUDIOS ENCARGADOS A OUTRAS EMPRESAS DE 268.000 EUROS A 500.000, PARA
QUE LOGO NOS VENDAN QUE A CONTRATACIÓN DE NOVO PERSOAL TÉNICO E PARA MELLORAR A XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN CANDO TEÑEN EN PREVISIÓN AUMENTARO GASTO EN TRABALLOS QUE SE REALIZARAN EN EMPRESAS EXTERNAS.

AUMÉNTASE MOITO O GASTO NA CONTRATACIÓN DE EMPRESAS EXTERNAS PARA A LIMPEZA TANTO DAS RÚAS NA ZONA NORTE COMO NAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS, NESTA MATERIA, DENUNCIAMOS UN PROCESO DE PRIVATIZACIÓN ESCALONADA DESTE SERVIZO QUE SUPÓN UN GASTO A MAIORES DE 120.000 EUROS NA LIMPEZA DE OFICINAS E 300.000 EUROS NA PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO NO NORTE DO CONCELLO SEN QUE ESTO VEÑA DIMINUINDO A PARTIDA QUE ACTUALMENTE SE GASTA EN PERSOAL PROPIO.

O CAPÍTULO DE ÓRGANOS DE GOBERNO, MERECE UNHA MENCIÓN ESPECIAL E
DESTACA POLA FALLA DE AUSTERIDADE APLICADA POLO GOBERNO DO SEÑOR
CALVELO DO PARTIDO POPULAR, INCUMPLINDO EXPLICITAMENTE O QUE ORDENOU O SEU PRESIDENTE, O SEÑOR RAJOY E QUE NON CUMPLE NINGUNHA DAS
ADMINISTRACIÓNS QUE GOBERNA O SEU PARTIDO, A CUANTÍA DESTE GASTO PASA DE 363.000 EUROS A 483.000, OU SEXA UN 33% DE AUMENTO EN TEMPOS DE CRISE.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.