23 agosto 2012

O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO TRATARÁ NO VINDEIRO PLENO ORDINARIO A GRAVE SITUACIÓN DA OMIC (OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR) NO NOSO CONCELLO.

 

 
      
 
Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “A Política errática do señor Calvelo e a súa corporación co persoal do Concello de Arteixo, fai que servizos que funcionaban ben, como a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), teñan un difícil futuro colocados no medio do mostrador de información e Rexistro de entrada do Concello”
 
 
             Son continuos os vaivens que o señor Calvelo e o seu grupo de goberno están a exercer sobre tódolos traballadores dos diferentes departamentos do noso Concello, incluso aqueles que tiñan acreditado un traballo excelente nos últimos anos e que o levaban a cabo, cun número de traballadores llimitado para o traballo a realizar, véxase o sucedido co departamento de economía trala chegada da señora Riveiro.
 
            O que parece imposible é que unha traballadora que viña desenrolando un bó traballo na xestión das consultas e reclamacións en materia de consumo que desexaban facer os nosos veciños dende a oficina da OMIC de Arteixo, que se situaba  nun despacho do edificio de Servizos Sociais na Rúa de Noia, teña que facelo a partir de hai unhas datas no mostrador de atención ao público da Casa Consistorial, sen o mínimo de intimidade necesario para tal fin e nunhas instalacións desaconsellables para un traballo destas características.
 
            Pregúntome que pensará un cidadán que veña cunha dúbida ou reclamación importante, por algunha situación persoal de carácter privado que leve consigo a necesidade dunha xestión íntima e discreta. ¿Conquerirá facer este tipo de xestión no mostrador de atención ao público e rexistro do Concello, ou sentado a beira da mesa da traballadora encargada deste servizo e que está situada no medio de moitos outros ademais de estar no medio do público que se atope neste espazo do Concello?.
 
            ¿Buscará o señor Calvelo e o concelleiro responsable deste servizo que ninguén acuda a oficina municipal de información ao consumidor  e só mantela pola subvención que cobra da Xunta de Galicia por dito servizo?, ¿Entenderán os concelleiros do PP da obrigatoriedade de manter este servizo cun mínimo de discreción para aqueles usuarios que desexen utilizalo?.
 
            O Grupo Municipal Socialista presentaremos estas preguntas no próximo pleno ordinario, esperando que o PP tome nota e volte a situación a normalidade existente, antes dos seus vaivens que teñen desconcertado ao persoal do Concello e os usuarios.
 
Asdo:


Martín Seco García
Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.