04 octubre 2012

O Goberno do PP, atrévese a anunciar unha pírrica subvención da Xunta de Galicia en materia de emprego, cando olvidou ao noso Concello durante catro anos sin ningún tipo de inversión



Onte quedamos sorprendidos ante o anuncio do goberno do Concello de Arteixo dunha subvención pírrica da Xunta de Galicia en materia de emprego para o noso concello, xusto o día antes de que comeza a campaña electoral e sen que o goberno de Feijoo invertise un euro no noso Concello durante estos catro anos e despois de asitir ao recor histórico de parados no noso pobo.
Durante estos catro anos foi nula ainiciativa do goberno de Feijoo en Arteixo, poñendo como exemplo a falla de compromiso con Centro de Saúde de Meicende que segue sen abrir polas tardes e está completamente saturado de traballo e a nula inversión no Centro de Saude de Arteixo, ademais de non levar a cabo a construcción do Centro de Vilarodía, a nula de inversión desta administración nos centros educativos do concello, a inexistente inversión do goberno de Feijoo coas vías desta parroquia que están baixo a súa titularidade e en concreto a falla de inversión na construcción dunha rotaonda no Seixedo adecuada as necesidade, a falla de inversión para rematar o polígono de Morás, e a falla de políticas de formación e de axuda aos desempregados que sacude especialmente a un pobo obreiro como o noso, nula inversión en garderías e centros de día para os nosos maiores,.... falla de inversión da Xunta de Galicia que explica como se está a gastar o remanente deste concello con inversións en ditas materias que deberían de estar cubertas pola Xunta de Galicia e que por culpa desta falla de inversión, o concello non pode dedicar os cartos en outras actuacións moi necesarias para os nosos veciños.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.