29 noviembre 2012

O alcalde "kamikaze" do PP de Arteixo, continúa despilfarrando os nosos cartos en tempos de crise extrema para moitas familias arteixáns

Notas desta semana, cun nexo en común, como o noso alcalde Calvelo dilapida os nosos cartos, sen recordarse do mal que o están a pasar as nosas familias coa crise e actuar en consecuencia.


Martes 27: ALUGUER LOCAL PARA CENTRO SOCIAL NO FOXO DE LOUREDA POR 1200 EUROS AO MES.

Como dicía o noso grupo a semana pasada, o goberno do señor Calvelo dilapida os fondos municipais en gastos desmesurados sen que ninguén do goberno municipal pense nos cidadáns que están a pasalo moi mal pola situación de crise extrema que en moitos casos fai que algunhas familias cheguen a situación de pobreza.

Hoxe temos que asistir a presenciar como o grupo de goberno do señor Calvelo aproba un gasto de 1000 euros ao mes máis IVA, é dicir 1200 euros ao mes no aluguer dun local como centro social no Foxo de Loureda, un prezo completamente desorbitado para as características do local que alugan e a súa situación. Unha vez mais o noso alcalde, volta a aprobar un gasto completamente desorbitado para o noso concello e actúa como un kamikaze coa situación de benestar económico que obstenta o noso concello e que se está a cargar el soiño.

Gastos en proxectos e contratos con empresas externas ao concello, para traballos que poderían ser efectuados polos propios traballadores do noso concello que nalgúns casos reciben uns inexplicables e elevados sobresoldos en produtividade, alugueres fora de prezo e obras innecesarias nestes momentos de crise mentres, os veciños de Arteixo seguen a sufrir a taxa de desemprego máis elevada da comarca sen que o Concello de Arteixo atope unha solución e cun sistema de cobertura social que lonxe de mellorar está sendo minorado nestos tempos de crise.

Mércores 28: O Grupo de Goberno do PP Arteixán retira da orde do día do Pleno o pago das facturas debidas a EMALCSA que xa poderían causar un perxuizo de máis de 100.000 euros en intereses por non ter pagado as de 2011

Unha vez máis e como comentábamos onte co gasto de 1200 euros no aluguer dun pequeno local social no barrio do Foxo en Loureda, o goberno local segue coa súa xestión kamikaze cos recursos económicos do noso concello a pesar de ter unha concelleira cunha dedicación exclusiva de 45.000 euros para levar dita xestión. Agora nos atopamos como se retira da orde do día do pleno deste mes as facturas que se adeudan a EMALCSA cando xase conta cunha sentenza xudicial que obrigou a pagar as anteriores e polo tanto a demora neste pago suporá un pago de intereses de máis de 100.000 euros na actualidade e máis se seguimos nesta situación.

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos sorprendidos de que o grupod e goberno esté a facer unha xestión tan pouco profesional en materia económica a pesar de contar cunha persoa cun elevadísimo soldo para elo e vemos como este goberno dilapida os fondos municipais en gastos completamente innecesarios.

A os gastos en proxectos, contratos con empresas externas ao concello, os excesivos pagos en productividade a algúns traballadores do noso concello, alugueres fora de prezo e obras innecesarias, sumámoslles tamén a irresponsabilidade da xestión das débedas e polo tanto o pago en intereses. Todo isto, nestes momentos de crise, cando os veciños de Arteixo seguen a sufrir a taxa de desemprego máis elevada da comarca sen que o Concello de Arteixo atope unha solución a esta lacra e cun sistema de cobertura social que lonxe de mellorar está sendo minorado nestos tempos de crise, cun grupo de goberno que non adica nin un só minuto en facerlle a vida máis sinxela a xente con máis problema.

Xoves 29: Calvelo premia cun gasto de 3000 euros nunha publicación turística a unha empresa ligada ao PP que ademais ten vinculación coa empresa que xestiona o contrato de relación cos medios do noso concello

Xa no ano 2011, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de A Coruña, acusaba a un concelleiro do grupo de goberno do PP en dito concello, por dar contratos a tres empresas que tiñan un único administrador e un único domicilio social, entre estas tres estaban ARTAI COMUNICACIÓN e MEDIAGEST GESTIÓN que era unha filial desta. Dita administradora única, denunciaba o noso partido, é a muller dun socio e amigo do concelleiro Julio Flores do PP de A Coruña. Ademais ditas empresas tiñan unha especial ligazón con dito partido xa que lle xestionaban campañas de publicidade.

Coa chegada ao goberno do señor Calvelo, creouse un novo contrato de relacións cos medios, que xestiona dende o 2011, ARTAI COMUNICACIÓN e que manexa un presuposto moi elevado, máis de 42.000 euros neste 2012, e para ter un só traballador contratado que fai un traballo propio do gabinete do Partido Popular de Arteixo e non de xestión municipal para o Concello. Dende o noso grupo xa denunciaramos a contratación pola porta de atrás de persoal de confianza do señor Calvelo cun soldo desorbitado e ademais que isto se fixera cunha empresa ligada politicamente ao seu partido.

Pero agora temos que soportar como se contratan publicacións de turismo ligadas a TALL SHIPS RACE por un prezo de case 3000 euros, a unha empresa ligada ao Partido Popular, nun momento de profunda crise económica, que unha vez máis e como levabamos toda a semana denunciando o noso alcalde actúa dun xeito kamikaze dilapidando os fondos da nosa administración para favorecer a empresas ligadas o seu partido e con gastos superfluos que non inciden en mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, en especial, dos que máis problemas teñen por culpa da crise.





No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.