06 junio 2013

O señor Calvelo debe saber que o que alarma as nais e pais de Arteixo e ter dende fai meses unha farola nun estado lamentable ás portas dun colexio onde estudan 600 nenas/os ou non ter sinalizado e protexido aos viandantes correctamente ante o peche dunha beirarrúa onde circulan centos de familias tódolos días para ir ao colexio



Dende o Partido Socialista xa fixemos público nun pleno de fai un par de meses a necesidade de levar a cabo a substitución dunha farola nun estado lamentable, situada a escasos metros da porta dun colexio público de Arteixo e nun vial polo que circulan os que van á Escuela Infantil Municipal, á Piscina ou ao Pabellón Municipal (ver foto anexa). Ademais puxemos de manifesto que tanto se a responsabilidade é do Concello como se fose da Deputación, como parece ser, debería de terse actuado con premura, tendo en conta que o señor Calvelo forma parte de ambos gobernos.

Ademais fai un par de semanas solicitamos que se levara a cabo unha mellor sinalización e protección dos viandantes na Avda Fisterra á altura da nova rotonda de Baixamar, onde se clausurou o uso dun tramo de beirarrúa por desprendementos nunha fachada, o cal obriga aos centenares de viandantes que circulan por ese tramo de camiño aos colexios tódolos días, a baixar á calzada sen unha sinalización e protección  axeitada á perigosidade de dito vial. 

Somos coñecedores de que outros colectivos fixeron a mesma xestión para trocar dita farola, antes de que poida caer e ferir algún viandante, sen atopar solución nos gobernos do PP do señor Calvelo e despois de transcorridos  meses desta situación de inseguridade e non entendemos porque non se leva a cabo unha mellor sinalización de dito corte de beirarrúa unha vez denunciada a situación no salón de plenos fai das semanas.

O señor Calvelo e o señor Novo, deben saber que este tipo de situacións son as que causan alarma dentro da nosa cidadanía e son as que deberían de darlle carácter de urxencia, esperamos que esta denuncia serva para que aceleren ditas actuacións. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.