02 agosto 2013

“O Grupo Municipal Socialista denunciou onte a situación de impunidade e de todo vale que volta a imperar no concello de Arteixo dende a chegada de Calvelo ao goberno local”


O Grupo Municipal Socialista de Arteixo denunciou onte no Pleno Ordinario a situación de impunidade e de todo vale que voltamos a respirar no Concello de Arteixo, onde a palabra "vai facendo" e "non te preocupes que xa amañaremos o xeito de que poidas" comeza a ser de novo o sistema de funcionamento dos nosos dirixentes.

No Grupo Municipal Socialista De Arteixo estamos preocupados por un sistema que se eliminara dende a saída do anterior goberno do PP en Arteixo e que tantos perxuizos trouxo e traerá para os nosos cidadáns e que crea unha situación de impunidade e de desasosego nos veciños do noso concello e de posibles repercusións económicas ante posibles ilegalidades encubertas.

Nesta liña e debido a existencia de amigos, persoas cercanas e familiares de dirixentes do Partido Popular interesados no tema, o xeito de tratar as solicitudes de terrazas nos locales de hostelería roza o esperpento, non se remata coa ordenanza de terrazas solicitada e aprobada no pleno anterior e nin tan sequera se utiliza o sentido común para establecer criterios lóxicos neste tipo de infraestructuras como sucedeu no caso da Cervecería Sampaio, a todas luces ilegal e como esta terraza que lle permitiron situar a Churrería CHUAH na Avenida Fisterra, cando existen veciños que lle pediran ao concelleiro de Seguridade, o señor Novo, que solicitase a colocación dunha marquesina para a parada do bus que existe nese punto e dixo que non era unha cuestión súa, pero si o é dar permiso para este monstruo de terraza nun local que xa ten unha interior.


Ollo porque dende o Partido Socialista de Arteixo denunciamos que volta a existir un goberno feito as ordes dos poderosos e que trata diferente aos seus amigos que ao resto dos cidadáns.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.