28 septiembre 2013

LUIS VÁZQUEZ (CONCELLEIRO DO PSDEG-PSOE DE ARTEIXO) : “O INMADURO COMPORTAMENTO DO SEÑOR CALVELO NA XESTIÓN DA AUGA PON EN RISCO AOS NOSOS VECIÑOS E A ECONOMÍA DO NOSOS CONCELLO”


Dende o Grupo Municipal Socialista estamos profundamente preocupados pola inmadurez e falla de seriedade na xestión municipal que está a levar a cabo o señor Calvelo co servizo de augas, creando importantes alarmas sociais con temas básicos como a auga para consumos dos nosos veciños. Ademais, despois de dous anos de goberno, vemos como se incrementa a súa nefasta xestión deste servizo, con multitude de problemas na calidade da auga da traída case sempre loda, con continuos vertidos nas nosas cuncas fluviais e con continuos  fallos de presión de auga que sofren os nosos cidadáns neste dous últimos anos, problemas que se incrementaron, sen dúbida, dende a intervención do servizo polo actual goberno a principios deste ano.

            Todo isto ben acompañado ademais dunha xestión completamente ineficaz e irresponsable cun ben limitado como é a auga, tendo que soportar os continuos despilfarros deste ben en regos e limpezas sen que se tomaran medidas para controlar o uso que se fai dun ben que logo non chega as vivendas dos nosos veciños ademais de ter que usar continuamente camións para encher os noso depósitos, situación que non se daba dende o goberno do señor Pose e que pode supoñer máis de 300.000 euros ás arcas do noso municipio e ao bolsillo dos nosos cidadáns.

            O último capítulo tivémolo que vivir onte, cando o grupo de goberno do PP, tratou de utilizar unha suposta avaría irreparable nas dúas bombas de impulsión da auga que suministra ao depósito de Pastoriza que podería deixar sen auga tres días aos nosos veciños, todo este numerito para tapar mediáticamente o seu comportamento antidemocrático coa imposición dun regulamento orgánico que deixa a oposición e aos veciños sen dereitos básicos como cidadáns. Curiosamente pola tarde amañouse o problema e unha das bombas volta a estar en funcionamento e non se quedaron os veciños sen auga como dixeran pola mañá alarmando a poboación sen ter estudado o tema e avaliado cun comportamento inapropiado para dirixentes adultos e máis propio de nenos.

            Dende o Grupo Municipal nos facemos as seguintes preguntas que deberían de ser contestadas polo goberno:

1.    ¿Canto lle custou aos bolsillos dos nosos veciños o transporte de auga en cisternas durante todo o verán e por qué isto non sucedía na lexislatura anterior?

2.    ¿Sale alguén beneficiado económicamente deste gasto tan elevado?

3.    ¿Por qué se acusaba a anterior dirección de AUGARSA de boicot para agora que o servizo está en mans municipais continúe con problemas aínda maiores que este?

4.    Se é certo que agora atoparon e arranxaron numerosas fugas no sistema como dixeron nos medios de comunicación, porque o depósito de Pastoriza estaba antes da avaría no 60% a finais de Setembro e antes da chegada do goberno PP a estas alturas do ano estaba sempre a tope para ter marxe de maniobra antes de posibles avarías?, Ou hai fugas ou hai un consumo irresponsable.
5.    ¿Por qué se avarían as dúas bombas de impulsión?, ¿Téñense traballando por encima do amperaxe nominal e polo tanto queimanse por traballar cun consumo que non soportan?

O que está claro é que o prioritario para este grupo é darlle un servizo axeitado aos noso cidadáns e levar a cabo as infraestructuras en servizos básicos como son a traída de auga e o saneamento para tódolos veciños por igual e moito nos tememos que pode ser que se estén a gastar os cartos en obras innecesarias como o campo da festa, a praza do balneario, o cambio de beirarrúas novas na zona norte e outra multitude de obras, para logo non poder levar a cabo as obras de inversión que necesitamos para acabar cos problemas de suciedade e de falla de presión de auga que padecen moitos veciños.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.