16 noviembre 2013

Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Dende o Partido Socialista en Arteixo intentaremos facer ver aos representantes das Asociacións Veciñais do Concello o retroceso democrático que supón o Regulamento Orgánico aprobado en solitario polo PP e animalos a que presenten alegacións a dito regulamento”


           
            Hoxe, ás 20:30 horas na sede local do PSdeG-PSOE de Arteixo temos convocado una reunión cos representantes das AAVV de Arteixo para valorar a proposta de Regulamento Orgánico Municipal que aprobou en solitario o Partido Popular e que nestes instantes está en período de alegacións. Dende o noso partido intentaremos facer ver aos representantes veciñais o retroceso democrático e participativo que significa este regulamento e o camino contra a transparencia que leva dado o Partido Popular dende a súa chegada ao gobernó municipal. Tamén explicaremos as alegacións que ten redactadas o noso Grupo Político e animarémolos a que tamén sexan eles quenes presenten obxeccións a una normativa que non só limita a participación e a democracia para os partidos políticos senon que o fai con toda a sociedade e como representantes dela deberían tomar cartas no asunto para presionar ao alcalde Calvelo para que teña a ben redactar un regulamento que aceptemos tódolos partidos políticos e os representantes dos cidadáns.
           
            Unha norma como é o ROM dun Concello debería de ser consensuada sempre entre tódolos membros da corporación para ter continuidade no tempo e algo pasará cando tódolos partidos da oposición, con membros de diferentes sensibilidades ideolóxicas, temos que marchar dun Pleno Municipal pola actitude dictatorial dos nosos gobernantes intentando impoñer un regulamento ao seu gusto sen contar coa oposición e os vecinos.


            Por outra banda este voceiro proporalle ao resto dos partidos da oposición buscar una redacción conxunta das alegacións de tódolos nosoo grupos, que fixe un regulamento de consensos mínimos para os tres partidos, cun único sentido, primar a transparencia, a democracia e a participación no noso concello e posteriormente facerllo chegar ás diferentes AAVV do noso Concello para que secunden ditas alegacións e convenzan ao señor Calvelo a que debe negociar e facer un documento válido para todolos cidadáns e que non nos obrigue a derogarelo cando o PP deixe de ter a mayoría absoluta no noso concello, como de seguro faremos. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.