18 junio 2014

Luis Vazquez (Concelleiro do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Concelleiro de Obras e Servizos debería de solucionar con premura o brote de auga que existe na rúa Arquitecto Pedro de Monteagudo e deixarse de pavonearse ante a súa pésima xestión no servizo de augas no terceiro ano de lexislatura onde esperamos que non se teñan que gastar fondos públicos no transporte de auga cara o depósito de Pastoriza”



Unha vez máis o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo advirte da aparición dun brote de auga na rúa Arquitecto Pedro de Monteagudo en pleno casco urbano de Arteixo, no que semella unha fuga das canalizacións da auga desta rúa. Dende o noso grupo facemos un chamamento á premura do servizo de augas para solucionar esta incidencia e esperamos e desexamos que sexa o noso propio servizo municipal o que solucione o problema e non a contratación dunha empresa externa como estamos a visualizar continuamente, nun servizo que dende o grupo de goberno do PP, se cansan de dicir que mellorou substancialmente e que non semella así, visto dende os ollos dos cidadáns de a pé, a pesar das millonaria inversións que nesta lexislatura temos feito dende a administración local.

Dende o Grupo Municipal Socialista queremos advertir unha vez máis do inxente gasto que dende a chegada de Calvelo e o señor Amado temos que facer en transportes de auga cara o depósito de Pastoriza, cando na lexislatura pasada non se gastou nin un só euro nesta materia, e esperamos que neste terceiro ano de lexislatura, dende o grupo de goberno teñan corrixido as deficiencias que facían que tivéramos que encher o depósito de Pastoriza nos dous veráns anteriores e que na lexislatura pasada non fixo falla, facendo un uso responsable da auga de subministro. Esperamos que neste verán non sexan necesarios os continuos transportes de auga en cisternas que levan dilapidado os fondos públicos da nosa administración.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.