09 junio 2014

María José García Píta (Sª Organización): “A Executiva Local do PSdeG-PSOE de Arteixo informará á Asamblea Local do partido, da derradeira modificación da súa composición cara as eleccións locais do ano que ven, executiva que contará coa presencia de Ana Cedeira e tamén presentaremos unha resolución pedindo ás forzas políticas do estado que reformen a constitución e se someta a referéndum a fórmula de estado que desexan os nosos cidadáns”



A Executiva Local do PSdeG-PSOE de Arteixo procedeu a levar a cabo a derradeira modificación da súa composición cara as eleccións locais do ano que ven, eleccións que preparamos con moita ilusión e co desexo de incorporar as nosas listas, a xentes con ampla sensibilidade social e de fonda dedicación nos diferentes núcleos do noso territorio, para dito traballo contaremos coa presencia de Ana Cedeira como nova Voceira da Executiva Local, que acompañará ao noso Secretario Xeral, Martín Seco, nas tarefas de comunicación da nosa organización. Ana Cedeira, ex-voceira da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas de A Coruña, imaxe da loita pola dignidade, supón unha incorporación de moita importancia, para un proxecto que intenta ser un reflexo das inquietudes da nosa sociedade e que desexa incorporar a aqueles que desexen facer da política algo pensado por e para os cidadáns, lonxe de vellas políticas pensadas dende os despachos co obxectivo de contentar aos poderosos.


Así mesmo dende a Executiva Local do PSdeG-PSOE informamos que someteremos á votación da Asamblea Local da nosa Agrupación, unha declaración onde pedimos que as forzas políticas e principalmente o noso partido, piloten unha reforma constitucional que tamén poña no debate o modelo de estado que desexamos e se someta a referéndum dita fórmula de funcionamento. Ademais de informar sobre o procedemento de consulta para elección de novo Secretario Xeral do PSOE que celebramos e esperamos que sexa unha festa da democracia e da renovación dos cuadros e do xeito de facer política da nosa organización.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.