21 junio 2014

Moción do PSdeG-PSOE sobre as Festas Patronais e Parroquiais de Arteixo

MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
        As festas patronais son un dos sinais de identidade dun pobo e son sen dúbida, unha oportunidade para o desenrolo cultural e económico do noso concello. As festas, ademais de ter un importante contido lúdico, teñen unha importante labor de fomento dos valores culturais e tradicionais do noso territorio, así como servir de incentivo para o noso comercio e hostalería que tamén están a sufrir os duros efectos da crise económica.
        A orixe da organización das festas por medio de Comisións de Voluntarios, constitúe un bo sistema de participación e de compromiso co noso territorio, daqueles veciños que desexan colaborar de xeito altruísta coa súa parroquia, e dende a nosa administración, débese apoiar ás sucesivas comisións, no desenrolo das festas de cada parroquia do noso concello.
        Neste contexto, o pasado día 27 de decembro, o Diario Oficial de Galicia publicaba a Lei 9/2013, do 19 de decembro, denominada “do emprendemento e da competitividade económica de Galicia”. Nesta disposición legal inclúese unha nova regulación para a concesión de licenza a determinadas actividades de espectáculos públicos e actividades recreativas, e ó seu tenor, no artigo 41, letra c) sinálase que será precisa a obtención de licenza para “a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles”.
Este artigo afecta directamente, e dun xeito moi negativo, á labor que desenvolven as comisións de festas, que vense obrigadas a levar a cabo uns trámites administrativos complexos e custosos diante dos Concellos á hora de organizar, baixo criterios de estrita legalidade, as festas locais, o que dificulta a súa labor, xa de por si complicada.
Baste dicir que se lles obriga a presentar un proxecto, asinado por técnico competente, no que se determine o axuste das festas á normativa urbanística e sectorial, e que estableza determinacións sobre prevención e seguridade en incendios. Tamén teñen que presentar, entre outra documentación, plan de emerxencias, plan de auto protección, estudo da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria. (art. 42 da sinalada lei).
Nin que dicir ten que, a Xunta de Galicia ó impoñer estas obrigas, manifesta o seu descoñecemento da realidade das festas parroquiais e de barrio no noso País, así como do xeito de organizarse e traballar das comisións veciñais de festas, e pon en moi serio perigo a continuidade destes actos festivos populares.
        Por outra banda, cando unha poboación ten a entidade suficiente para o desenrolo dunhas festas importantes no seu ámbito xeográfico, a implicación da administración local debe de ser maior e polo tanto ten o deber de asumir o peso da organización das festas e tódalas responsabilidades que esta trae consigo.
Unhas festas como as patronais do noso concello, deben de ter como obxectivo ser un referente na nosa comarca e a necesidade de perdurar no tempo coa estabilidade esixible a tal evento, independentemente dos voluntarios que participen no seu desenrolo e deben de estar fiscalizadas polos servizos económicos municipais, ademais de establecer certos criterios culturais e comerciais para o desenrolo daquelas actividades a desenrolar.
Polo que dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo, consideramos que dende o concello deberíamos de tomar as rendas da celebración das festas patronais de Arteixo, sendo a Concellería correspondente quen asuma a Presidencia da Comisión de Festas e nesta Comisión deberíase de contar coas principais asociacións veciñais, comerciais e culturais do noso concello, así como formar grupos de voluntarios que colaboren na organización e desenrolo destas.
Nestas festas débense planificar actividades para tódalas franxas de idade, promover iniciativas culturais e organizar tódolos eventos codo a codo co noso comercio e hostalaría local. Ademais, ditas festas deben de ter unha maior implicación no noso territorio e non limitarse a un lugar determinado para o desenrolo dos seus eventos.
Dende o noso Grupo Municipal poñémonos a disposición da Concellería de Festas para formar parte de dita comisión se o cree oportuno e colaborar co Grupo de Goberno no desenrolo de ditas festas.  

Diante desta situación, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

1.   Instar ó Presidente da Xunta de Galicia a adoptar as medidas precisas para a modificación da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, eliminando do seu texto o disposto no artigo 41, apartado c), no que se refire á obriga ás comisións de festas de obtención de licenza para a celebración de festexos populares.
2.   Que o Concello de Arteixo asuma a responsabilidade da organización e celebración das festas patronais de Arteixo, cunha comisión de festas da que forme parte a Corporación Local baixo a Presidencia da Concelleira de Festas, as Asociacións veciñais, culturais, deportivas e comerciais do noso Concello  e grupos de voluntarios que colaboren no seu desenrolo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.