16 julio 2014

O goberno local do Señor Calvelo debe esixirlle á Xunta de Galicia, que durante a obra de enlace do vial do Porto Exterior coa AG55 elimine o peaxe do tramo entre A Coruña e Arteixo e que por decencia non teñan o valor de volver a poñelo cando rematen



 Unha vez maís observamos coma a capacidade de interlocución do actual grupo de goberno do señor Calvelo cos responsables da Xunta de Galicia é nulo, resulta inexplicable como durante as obras de enlace da AG55 co vial do Porto Exterior, que convirten esta autopista nun vial de doble sentido e sen as comodidades dunha via rápida, temos que seguir soportando o pago dunha peaxe máis que inxustificada.

Xa tivemos que soportar as rebaixas na reforma da rotonda de Sabón, coa eliminación dun nivel, e aguantar as incomodidades dunha obra quen on dan rematado e que levan con calma, par apor encima ter que pagar unha peaxe que é completamente inxusta en situación normal e moito máis nesta situación de reformas.

Dende o Grupo Municipal Socialista levaremos iniciativas ao pleno deste mes de Xullo para que a corporación esixa da Xunta de Galicia a eliminación deste peaxe durante as obras e que esa gratuidade continúe posteriormente, como sucedeu en outras zonas da nosa comarca onde existían peaxes tamén inxustas e que ben merecen os usuarios deste percorrido que se leve a cabo, poidendo deste xeito ademais desconxestionar os outros viais de enlace entre A Coruña e Arteixo que están moi saturados, sobre todo nesta época de verán. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.