17 septiembre 2014

Ana Cedeira (Voceira da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Mentres o alcalde pinta unha postal idílica o parque do Monticaño segue abandonado polos nosos dirixentes, con fugas de auga dende fai días”


Unha vez máis o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo advirte ao grupo de goberno do PP do abandono no que se atopa o Parque Municipal do Monticaño na parroquia de Pastoriza, semella que as continuas denuncias deste grupo e as feitas polos propios veciños que incluso recolleron sinaturas para pedir que se tivera en condicións esta fermosa instalación seguen sen surtir efecto no interese do noso alcalde que dixo que a situación deste parque era idílica.

        Sentimos unha profunda lástima porque non se poña en valor un dos lugares máis fermosos do noso concello e que podería ser de gran atracción turística se fose ben empregado.

        O máis sangrante é ver como xusto ao lado das antigas instalacións de hostalaría e preto da vivenda do antigo vixiante do parque, teñamos unha gran fuga de auga dende fai máis de catro días sen que ninguén a repare e indica o grado de abandono de esta instalación, só adecentado pola gran labor que fai a xente de APEM.

        Achegámosvos fotos para ver in situ a situación e animámosvos a ir en directo para ver como o noso alcalde se permite o luxo de faltar a verdade diante de tódolos veciños do noso concello. 


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.