26 enero 2015

Martín Seco García (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Catro anos despois de que Calvelo entrase no goberno local criticando o seu estado, o barrio das Eiras segue esperando por un plan de rehabilitación que o PP bloqueou insistentemente dende a oposición ”



Estes días de chuviosos, dende o Partido Socialista en Arteixo fomos advertidos do continuo vertido de lixo, compresas, papeis, plásticos ao río no barrio das Eiras en Meicende, como se pode visualizar nas fotos anexas a esta nota de prensa.

Son moitos os veciños que piden solución para o grave problema que ten este barrio co saneamento e coa incapacidade de poñerlle solución a unha infraestrutura completamente obsoleta, ademais son moitos os veciños que protestan polo mal olor que desprenden as arquetas de recollida habitualmente. Pero este non é o único problema dun barrio antigo que necesita dunha rehabilitación integral para dotalo dos servizos necesarios para facilitarlle a vida aos seus veciños.


Dende o Grupo Municipal Socialista lamentamos que o PP bloquease continuamente a rehabilitación deste núcleo durante o anterior goberno e que o que antes facía o señor Calvelo denunciando a situación do barrio, agora se lle esqueza cando está no goberno local.


Os socialistas de Arteixo somos sensibles a dita situación e solicitamos ao goberno que faga un plan integral para este barrio, ademais de comprometernos a tomar a iniciativa dende o goberno, se os cidadáns nos dan o seu apoio en Maio, para continuar co proxecto de rehabilitación dun barrio deprimido que necesita do apoio dos seus gobernantes para desenrolarse en infraestruturas e servizos , ademais planificaremos a conexión de varios viais, ata tres, o priomeiro dende o Torroal, outro dende a parte de atrás do Centro Cívico e outro máis adiante, que conecten a futura senda peonil polo río, financiada por ALCOA que segue sen ver a luz.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.