10 marzo 2015

Martín Seco tilda de electoralista e oportunista o modificativo de crédito de catro millóns que propón o alcalde

O grupo municipal socialista de Arteixo denuncia que o alcalde, Carlos Calvelo, utiliza a proximidade das eleccións municipais para lembrar o que non fixo nestes catro últimos anos. O goberno local propón agora, cando faltan pouco máis de dous meses para os comicios, investir catro millóns de euros en obras e infraestruturas que os veciños veñen demandado desde o inicio do mandato.
O portavoz socialista, Martín Seco, denuncia o oportunismo destas propostas e tilda de electoralista ao goberno do PP, xa que tivo durante todo o mandato esquecidos a barrios e determinados colectivos do municipio.
Neste sentido, o candidato do PSOE, critica que Calvelo trate de xustificar a súa falla de compromiso con barrios como o Alto de Arteixo, sen inversión en todo o mandato, ou prometendo, de novo, as beirarrúas na Cachada. Así mesmo, o PP promete agora a rehabilitación da urbanización Sol y Mar, abandonada polo goberno actual, e volverá a gastar 120.000 euros en centros de ensino e 60.000 en sanitarios mentres a Xunta segue a mirar para outro lado.
O grupo socialista sinala que, aínda que algunhas das infraestruturas plantexadas no municipio son necesarias, rechaza que o alcalde quera facer un mitin electoral no pleno, prometendo agora un modificativo de crédito que non deixan de ser proxectos. Ademáis, subliña que ningún destes fondos se adiquen a servizos sociais nin ao emprego.

Martín Seco reprocha ao goberno local a mala planificación orzamentaria, xa que, pouco máis de dos meses despois de aprobar os presupostos, agora plantexan un modificativo de crédito para estas obras 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.