18 abril 2015

Martín Seco denuncia as molestias que as decargas sen control no Porto Exterior provocan nos veciños de Arteixo

O portavoz socialista esixe ao Concello e a Xunta que implementen as medidas necesarias para garantir a salubridade do territorio


O grupo municipal do PSOE de Arteixo denuncia as molestias que sofren os veciños do municipio pola aparición, unha vez máis, de po amarelo por todo o paseo fluvial debido ás descargas do clinker e outros graneis sólidos que se están a descargar no Porto Exterior. O voceiro municipal, Martín Seco, sinala que as descargas se fan sen control e sen as medidas precisas para garantir que non se disperse por todo o territorio arteixán.
Nos últimos días, os veciños de Arteixo expuseron o seu malestar por estas situacións e demandan da administración competente que se poñan as medidas e o control necesario para que a actividade en punta Langosteira non interfira no seu benestar e no seu día a día.
Dende o grupo municipal socialista recollen as protestas dos cidadáns e esixen á Xunta de Galicia que deixe de estar de costas aos veciños de Arteixo ante as reiteradas denuncias para que as instalacións do porto teñan os sistemas necesarios para garantir a salubridade e o respeto polo medio ambiente dos veciños e o territorio de Arteixo.
Así mesmo o candidato á Alcaldía critica a inutilidade da dedicación exclusiva que exerce o concelleiro de medio ambiente no concello de Arteixo, que non implementa ningunha medida de control e supervisión das descargas que se fan no porto para avalar a integridade da administración local.

Matín Seco esixe que se tomen as medidas axeitadas e necesarias e urxe ao Concello de Arteixo e á Xunta de Galicia a tomar unha maior implicación nos problemas que a actividade diaria do Porto Exterior provocan na cidadanía de Arteixo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.