28 septiembre 2015

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita o borrador de documento para o Presuposto do 2016, para poder facer as nosas suxestións.



Despois de ser coñecedores da solicitude do PP para facer aportacións ao documento de presupostos 2016, o Grupo Municipal Socialista solicítalle ao Grupo de Goberno, o borrador de documento de presupostos para poder facer unha proposta seria e axustada, para elo é indispensable, saber a previsión de ingresos que terá o concello para este 2016 e os gastos fixos de persoal e gasto corrente, ademais da cantidade dispoñible para inversións, unha vez coñecidos este borrador, faremos a nosa proposta axustada á legalidade.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.