03 septiembre 2015

“O PSOE prensenta un paquete de enmendas aos Presupostos do Estado para o noso concello”


O PSOE presentou unha batería de enmendas que afectan ao municipio de Arteixo, dentro da enmenda á totalidade presentada polo Grupo Socialista aos Presupostos Xenerais do Estado 2016. Nun documento que perfila un proxecto de futuro de país fronte ao pasado que representa Rajoy.
Enmendas como a partida para adoptar medidas nos costes enerxéticos para empresas grandes consumidoras de enerxía como Alcoa ou Ferroatlántica que permitan manter a súa actividade a medio e longo prazo, unha partida destinada a un Plan de reindustrialización e apoio á competitividade industrial de Galicia e un plan de emprego integral para Galicia, son vitais para o noso concello .
Caben destacar as enmendas propias do noso concello:

·         Os dous millóns destinados á conexión ferroviaria co  porto arteixán de Punta Langosteira, nunha aposta por ter un porto ben comunicado e competitivo para o futuro da nosa infraestrutura.

·         A posta en marcha dun Plan de recuperación e transformación de tramos ferroviarios en desuso en Sendas Verdes, nas que se inclúen os tres antigos tramos de vías de tren entre Uxes-Santa Icia, Santa Icia-Vío e Souto-Orro.

·         A incorporación das medidas existentes na DIA de alta velocidade entre Uxes e Pocomaco e a inclusión de medidas de apantallamiento excluídas da DIA no núcleo de Santa Icia, algo xa incluído polo noso grupo nas alegación do estudio do acceso ferroviario a Punta Langosteira.

·         O estudio para insonorizar as vivendas en Uxes, Souto e A Zapateira por sonidos derivados do tráfico aeroportuario de Alvedro.

·         A construción dun dique de abrigo no Portiño de Suevos

·         Un estudio para a rexeneración dos areais das praias de Arteixo, degradados polos cambios nas correntes trala instalación de Punta Langosteira.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.