13 octubre 2015

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Necesitamos políticos e políticas de altura para un dotar a nosa área metropolitana dun proxecto serio e cercano aos problemas reais da xente ”


Dende o anuncio de Carlos Calvelo das intencións de levar a cabo a municipalización da recollida do lixo no noso concello, seguimos a espera de poder visualizar uns datos claros e concisos que avalen dita proposta. Dende o Partido Socialista en Arteixo, preguntaremos sobre este tema no pleno do mes de Outubro e avanzamos que estamos dispostos a apoiar una municipalización e conversión en servizo público de dita recollida, se os realmente beneficiados, son os cidadáns do noso concello, tanto na calidade do servizo, como na cuantía do mesmo.

Dende a nosa Agrupación entendemos que non é serio plantexar dita cuestión sen ter estudios de viabilidade que avalen dita proposta e tendo en conta que o futuro da área metropolitana, pasa por mancomunar servizos e ofertarlle aos cidadáns solucións en materia como o transporte e a mobilidade, os servizos sociais, o emprego e temas como a auga, a enerxía e o lixo que poderían ser máis rentables e de maior calidade, se o fixésemos conxuntamente, ademais de garantir a igualdade entre tódolos cidadáns, independentemente do concello e barrio onde vivan.

Por todo isto, pedimos altura a tódolos dirixentes da comarca, comezando polo alcalde de A Coruña, que debe de facer visible o seu compromiso de traballar conxuntamente coa comarca e unirse a unha mancomunidade que respecte o seu estatus de cidade e deixe espazo de decisión aos concellos máis pequenos e ao resto de membros do Consorcio, que deberían buscar fórmulas de mellorar servizos como o  do lixo e aumentar un catálogo de servizos insuficiente, ademais de traballar a reo en temas de tanta importancia como o transporte metropolitano ou o emprego.  

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.