05 noviembre 2015

“Debemos poñer tódalas forzas de seguridade do noso concello, no esforzo de conter a ola de inseguridade cidadá que estamos a vivir en Arteixo”


Os cidadáns de Arteixo están cada día máis preocupados pola inseguridade que viven nas nosas rúas e nas súas vivendas, son continuos os episodios violentos que estamos a vivir no noso concello mentres o concelleiro de Seguridade Cidadá presenta uns datos de delincuencia que non se cree nin el mesmo.

Roubos a punta de navalla no medio do casco de Arteixo, pelexas con machetes en Meicende, roubos nas casas da Zapateira, en Souto, Uxes, en Vilarodís aldea, roubos de plantacións en Rañobre, roubos repetidos nos comercios do noso concello e mentres isto sucede o grupo de goberno do PP, ten a desfachatez de lucir os seus maquillados índices de seguridade cidadá e dedicar esforzos e temas recaudatorios de circulación viaria, en vez de poñer tódolos esforzos en facerlle a vida máis segura os nosos veciños.

Dende o Grupo Municipal Socialista pedímoslle unha vez máis ao concello que se dedique a coidar da integridade dos nosos veciños nestes tempos difíciles de crise e que dende a administración central se poñan tamén tódolos efectivos posibles para axudar nesta labor, e deixen de recortar en materia de seguridade cidadá en efectivos e medios materiais, algo que levan a facer dende a chegada de Mariano Rajoy ao goberno do estado.

Sería desexable que se puxese en marcha unha policía de barrio máis pegada aos cidadáns e ao comercio local, unha comisaría fixa na zona norte do concello. Deixarse de tanto control de circulación e dedicarse ao vixilancia e apoio ao cidadán e por parte da Subdelegación do Goberno destinar máis medios persoais e materiais a loitar contra a inseguridade cidadá e os múltiples roubos que teñen amedrentada a nosa poboación, así como ter control das entradas e saídas das vías de alta capacidade, que semella que utilizan para roubar con celeridade nos barrios próximos a elas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.