24 noviembre 2015

Preguntas e Rogo sobre o apoio ao comercio e a hostalaría do noso concello


O Grupo Municipal Socialista tivo constancia dun escrito rexistrado no mes de Febreiro deste ano, solicitándolle ao concello a utilización da megafonía existente na Avd do Balneario para dinamizar o comercio e a hostalaría en períodos especiais como o Nadal, dita solicitude estaba sen contestar ata o día 18 de Novembro, que o noso Grupo puxo de manifesto na Xunta de Voceiros do Concello de Arteixo.

Dende o noso Grupo tamén sabemos da iniciativa propia dos comerciantes da Travesía de Arteixo cara a Candame para dinamizar o Nadal sen que atopen da administración local a iniciativa e apoio necesario.

Os barrios periféricos do noso concello, que tamén gozan de ter, rúas con comercio e hostalaría, como Oseiro, Vilarrodís, Pastoriza ou Meicende, xa non esperan nada do seu concello.   
Un concello como o noso, non pode esperar unicamente a iniciativa privada dos nosos comerciantes e hostaleiros, ten que levar a cabo inversións e fomentar actividades que redunden no beneficio da nosa economía local.

A celebración de eventos por barrios, de concursos, de promocións comerciais e hostaleiras, de animación na rúa, de iluminación, de música, ..., debe de vir pilotada por un departamento municipal que ata o momento segue sen dirección política e que unicamente espera a que os propios comerciantes tomen a iniciativa, e cando o fan debe facer o posible para axudalos, sexa no caso desta solicitude de utilización da megafonía, cando visualiza a dinamización que levan a cabo na Trav Arteixo cara a Candame ou cando algúns hostaleiros apostan por facer algunha actividade no San Xoán.

Dende o Grupo Municipal pensamos que aínda estamos a tempo de buscar métodos de colaboración co comercio e a hostalaría e facemos un ROGO ao departamento de Promoción Económica, Comercio e Turismo para que saia do seu letargo e fomente unha actividade que necesita nestes momentos do pulo do seu concello e dos seus representantes.

Ademais, desexamos preguntarlle á concelleira responsable de comercio as seguintes cuestións:

¿Contestou á solicitude feita pola comerciante da Avd do Balneario? Se é así pedimos a documentación que acredite este feito.

Se aínda non o fixeron, ¿Que teñen previsto contestarlle?

¿Teñen previsto visitar ou pedirlles aos comerciantes que iniciativas queren levar a cabo neste Nadal e apoialos no seu desenrolo?

¿Que actividades propias do concello relacionadas co fomento do comercio e da hostalaría teñen previsto realizar nesta campaña de Nadal? 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.