14 marzo 2016

O Concelleiro de Medioambiente debería dedicar os 30.000 euros da súa inservible dedicación exclusiva para pagar a madeira comunal roubada en Vilarrodís

Fuente: La Voz de Galicia
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos profundamente preocupados polo profundo desinterese do Grupo de Goberno de Carlos Calvelo cara o noso patrimonio e o noso medioambiente. Invádennos tódolos días, as noticias que falan de agresións ao noso territorio, sen que as múltiples dedicacións exclusivas que teñen os nosos dirixentes e os seus asesores,  sirvan para protexer ao noso territorio e ao noso medioambiente.

Mentres o alcalde Calvelo se preocupa de subirlle o soldo ao Concelleiro de Economía e ao señor Campana (o comisario político que temos de descanso sabático en Arteixo e que nin tan sequera foi capaz de presentar unha proposta para a convocatoria pasada do EDUSI, aínda sendo esa a xustificación da súa subida de soldo), ou son capaces de manter a dedicación exclusiva ao Concelleiro de Medioambiente (que como todos puidemos observar nos medios, non ten coñecemento do departamento que dirixe), escoitamos noticias de como se destrúe o noso patrimonio: 

En Pastoriza, cun castro que debería de ser posto en valor e que permanece no esquecemento dos nosos gobernantes, que nin tan sequera se preocupan por vixialo e mantelo en condicións óptimas para a súa supervivencia e o que aínda é máis sangrante, a incapacidade para vixiar as propiedades comunais do concello, como eses 12.000 metros cadrados de eucalipto e castaño que talaron en Vilarrodís aldea, na cara dun concelleiro, que debe andar máis preocupado por outras cousas que por exercer a vixilancia medioambiental que necesita o noso concello.

Dende o noso Grupo, preguntaremos sobre ambos temas no Pleno do mes de marzo e pediremos que o Concello faga o posible para intensificar a vixilancia ambiental e a protección do patrimonio do noso concello


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.