28 abril 2016

“O Grupo Municipal Socialista pídelle ao goberno do PP na sesión plenaria que negocie cos propietarios a protección da Fraga de Sisalde”


Ante a gran tala que están a levar a cabo na Fraga de Sisalde, o Concello de Arteixo, debe negociar cos propietarios e indemnizar se fose o caso a protección das especies existentes nese lugar, un dos máis fermosos do noso concello, con rutas de senderismo, BTT e ecoturismo.

Sabemos que a tala está paralizada e que os propietarios teñen dereito legal para levar a cabo dita actuación, pero dende o concello deben implementarse medidas de protección dos lugares como este, baixo as figuras previstas na lei como os EPIN e ENIL e a aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que defende o noso territorio. 

Ademais dende o Concello pódese negociar cos propietarios, a compensación necesaria para que non fagan unha tala indiscriminada e para que se replanten especies autóctonas e non especies como o eucalipto, para o cal o Grupo Socialista pediu ao Grupo de Goberno do PP, que leve o tema a Xunta de Voceiros e veñan os técnicos de medioambiente a avaliar o camiño a seguir.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.