31 mayo 2016

Dende o Grupo Socialista de Arteixo pedímoslle ao Partido Popular unha mellor planificación e desenrolo das festas vindeiras, despois do descontento xerado por estas pasadas



Dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos en diversas ocasións no pasado mandato, a organización das festas locais por parte da administración local, algo que recolleu o Grupo de Goberno do PP, unha vez, que a continua débeda das diferentes Comisións de Festas se convertiu en insostible.

Dende o noso Grupo falábamos de ser a cabeza visible dunhas festas, nas que participara a cidadanía e as asociacións do noso concello, de todo ámbito, organizando eventos que tratasen de contentar aos diferentes sectores da nosa poboación. A realidade indica que dende o Grupo de Goberno non se levou a cabo unha planificación das festas, convertíndoas simplemente nun conxunto de actuacións na Praza do Balneario e as diferentes actividades relixiosas e tradicionais que dende fai anos se levan a cabo, maios, alfombras e xuntanza dos maiores. Resulta incrible ver como un pobo que destaca pola súa densidade de poboación infantil, non tivera nada programado e contratado para os nosos rapaces e rapazas.

Como son as primeiras festas que organiza este Grupo de Goberno, queremos ser benevolentes e simplemente pedirlles máis traballo e dedicación a unha concellería que debera de estar planificando xa as festas do verán e apoiando as diferentes comisións das parroquias do noso concello, aproveitamos ademais para poñernos unha vez a súa disposición, para axudar naquelo que poidamos ser útiles.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.