07 mayo 2016

“O PP debe poñerlle solución ao desastre de obras que fixo no entorno da Travesía de Meirás en Meicende, mal proxectadas, mal desenroladas e de peor calidade”

A finais do ano 2014 e principios do ano 2015, aproveitando a chegada das eleccións municipais, o PP de Arteixo poñía patas arriba o noso territorio, levando a cabo as obras que non desenrolara durante todo o mandato, obras mal planificadas e peor desenroladas, nas que tomou decisións sen contar coa opinión dos veciños afectados, que agora estamos a pagar un día si e outro tamén, todo por levar a cabo unha mala planificación e control das obras, máis preocupados por ensinar cemento antes da chegada de Maio de 2015 que de dar solucións aos veciños, moitos miles de euros tirados ao chan, que en moitos casos xa non se poderán recuperar e noutros casos aínda están por aflorar.


Resulta incomprensible, nun concello con tantos traballadores nos departamentos de urbanismo e obras, con miles de euros gastados en proxectos e direccións de obra externos que os nosos departamentos non realizan, cun gasto millonario en liquidacións das obras executadas, que teñamos que ver como ditas actuacións, acaban xerando un problema para os nosos veciños, en vez de ser unha solución. O visto a pasada semana no barrio de  Santaia, nunha obra custosa, que en vez de solucionar os problemas aos veciños, está a convertirlles a vida nun pesadelo, esta semana quedamos perplexos ao ver como se está a levantar toda a obra realizada no entorno da Travesía de Meirás e o parque de Meicende, unha obra de 190.000 euros, que só serviu para xerar problemas entre os veciños, que non foron preguntados polo seu parecer, que non mellorou a configuración do parque para os usuarios, que segue sen o campo multixogos prometido e que se está a levantar pola falla de calidade na construción.


Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo esiximos que dende o Grupo de Goberno do PP, se lle esixa á empresa construtora, a reparación dos defectos e que se convoque aos veciños afectados, para buscarlle solución aos problemas que teñen, xa que nos consta que a Asociación de Veciños de Meicende leva esperando tres meses a ser recibidos polo alcalde, que supoño que terá pouco que contar da falla de solucións viarias, de seguridade e venta de  drogas e a falla de servizos nesta parroquia arteixá.






No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.