30 junio 2016

“Os grupo municipais do PSOE, BNG e TEGA abandonaron o pleno, no segundo punto da orde do día da sesión ordinaria do Concello de Arteixo ante a prepotencia, a falta de respecto e a demagoxia do alcalde, que converten o pleno nun circo no que só pode falar el”


Os Grupos Municipais de TEGA, BNG e PSdeG-PSOE abandonan o pleno ordinario de Xuño do concello de Arteixo, despois do espectáculo lamentable, na primeira intervención do alcalde Carlos Calvelo, onde se dedicou a insultar e faltarlle ao respecto aos representantes da oposición en Arteixo e aos representantes municipais na Deputación de A Coruña de concellos veciños.

Durante o debate do punto, onde se falaba da modificación do anexo de inversións do presuposto do 2016, e ante as críticas dos grupos da oposición pola falla dun plan de accesibilidade para Arteixo, polos erros no proxecto da piscina municipal que fan que teñamos que facer liquidacións millonarias, para logo ter que investir en accesibilidade e pagar as facturas eléctricas da concesionaria, detraendo este gasto dos impostos de tódolos veciños, o alcalde tomou a palabra para saírse do tema para tratar de atacar a Deputación, cunha suposto maltrato desta administración a Arteixo, cando o concello de Arteixo recibe maior inversión nas liñas de axuda aos concellos neste mandato en comparación, co mandato de Diego Calvo e faltarlle gravemente ao respecto aos representantes municipais da oposición de Arteixo e aos dos concellos veciños elixidos democraticamente.

Dende os Grupos de TEGA, BNG e PSdeG-PSOE asisitimos atónitos a falla de lealdade do goberno arteixán, presentando por urxencia, a moción sobre a peaxe da AG-55, que onte o PP presentou na Deputación de A Coruña e que ataca frontalmente ao acordo unánime da corporación arteixá de fai 2 meses. Unha pataleta do noso alcalde, despois do espectáculo lamentable, que protagonizou onte no pleno da Deputación, con saídas de ton impropias da representación que ostenta e traizoando o acordo plenario unánime que tomamos en Arteixo e que pedía a eliminación da peaxe de Pastoriza.

Estamos fondamente preocupados, pola actitude do alcalde nesta e outras administracións, nas que participa e pola imaxe do noso concello diante outras administracións e colectivos, cunha actitude chulesca, insolidaria e infantil, que perxudica a imaxe de Arteixo, en tódolos lugares onde participa este señor.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.