01 octubre 2016

Un mes despois do grave vertido aparecido no Rañal, os socialistas arteixáns denunciamos ante o SEPRONA a aparación de ducias de troitas mortas na ría de Barrañán


Fai xusto un mes, o Grupo Municipal Socialista denunciábamos a aparición dun vertido no río Bolaños que acababa coa morte de centos de peixes na desembocadura no Rañal e poñía en risco a saúde dos centos de bañistas que visitan esa praia nos meses de verán.


Na visita á zona afectada, o noso voceiro, Martín Seco, profesional deste sector, detectou un forte olor a produto químico.  Ante esta denuncia, inadvertida polo goberno de Arteixo e a Xunta de Galicia, seguimos sen ter noticias por parte das administracións que semellan descoñecer a orixe do vertido ou simplemente miran para outro lado, esperando que a cidadanía esqueza o sucedido.


Na tarde de onte o Partido Socialista foi advertido dunha nova aparición de ducias de troitas mortas na desembocadura da ría de Barrañán, acudindo o concelleiro, Luís Vázquez a zona afectada e denunciando a situación ante o SEPRONA, sen que dende o Grupo de Goberno municipal e a Xunta de Galicia, gobernadas polo PP, volverán a estar presentes.

















Dende o Grupo Municipal do PSOE seguimos preocupados pola falla de control e inspección por parte das autoridades políticas, do noso territorio e da falla de políticas medioambientais que garantan a integridade do noso patrimonio natural e a seguridade ambiental dos nosos veciños, despois dunhas eleccións onde recibiron un forte apoio popular, que non vai a impedir que o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, siga esixindo medidas para que estas situacións deixen de suceder impunemente.


Os cidadáns debemos esixir das nosas administracións, que garantan a nosa calidade e seguridade medioambiental, e a presenza de industria e infraestruturas no noso territorio, debe de ser acompañada polo control e inspección do noso entorno, para asegurarlle aos nosos veciños que viven nun lugar limpo e respectuoso co noso entorno.    







No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.