21 diciembre 2016

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO SOCIALISTA DO CONCELLO DE ARTEIXO SOBRE A REINVERSIÓN DO SUPERAVIT


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira (LOEPSF)  recolle as tres regulas fiscais de obrigado cumprimento: estabilidade orzamentaria, débeda pública e regra de gasto. 

O artigo 11.4 da LOPESF sinala que “as Corporacións Locais deberán manter unha posición de equilibrio ou superávit orzamentario”, mentres que o art. 32, referido ao destino do superávit, sinala que “este destinarase a reducir o nivel de endebedamento”.

A lei 9/2013 de débeda comercial, modificou a lei para permitir aos Concellos que cumprisen unha serie de requisitos, destinar o superávit a investimentos financieramente sustentables, unha definición  de investimentos que recolleu o Decreto/Lei 2/2014, de 21 de Febreiro no seu DÁ 16. Estas excepcións en ningún caso deron satisfacción ás demandas municipais posto que as condicións para poder acollerse á medida eran importantes: rexistrar superávit orzamentario e remanente de tesouraría, que pagasen antes as débedas pendentes con provedores para cumprir coa lei de morosidade e destinar o sobrante a amortizar débeda.

Ao longo destes anos esta situación trouxo consigo un paradoxo: os concellos son a única administración en superávit, están saneados e cumpren o seu obxectivos pero non poden investir ese aforro.

Nestes momentos a administración local convertéronse na administración máis cumpridora cos obxectivos marcados: a débeda local xa chegou este ano aos obxectivos do 3% fixados para 2020, con catro anos de adianto; o superávit das Entidades Locais, achega ao cómputo total de España medio punto do PIB e tamén cumpre co teito de gasto e paga en prazo aos seus provedores.
Por iso, é ineludible que o Goberno atenda as demandas do conxunto dos concellos, e tal e como expuxo a FEMP na reunión da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL) do pasado día 30, permítalles utilizar o superávit, que este ano rolda os 4500 millóns de euros. 

Chegou a hora de que o Goberno escoite, e sexa sensible ás reivindicacións dos Concellos, cuxas demandas son xustas, razoables e necesarias para seguir pondo os intereses dos veciños por diante de calquera outro, e continuar levando a cabo investimentos, desenvolvemento e o fortalecemento do Estado de Benestar

Os gobernos locais son a administración máis próxima aos cidadáns, e máis nestes momentos de crises, o Goberno non debe pór trabas ao seu labor na prestación de servizos públicos de calidade.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Arteixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando o Goberno de España  a:

Permitir que as entidades locais reinvistan o seu superávit en 2017, sen necesidade de xerar novos ingresos polo mesmo importe, a través dunha autorización legal para esa reinversión que xurda da prórroga orzamentaria dos PGE.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.