29 julio 2017

Preguntas sobre a selección do persoal necesario para a xestión directa do lixo

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos preocupados pola falla de planificación ante a inminente xestión do servizo de recollida do lixo en Arteixo, xa case pasado o verán e a medio ano de recoller o servizo descoñecemos se o grupo de goberno ten planificada a xestión do persoal que estará adscrita a este servizo e non temos coñecemento de ningún trámite administrativo para iniciar os procedementos de selección do persoal que se encargará desta tarefa. Ademais se temos en conta que o sistema é novedoso no noso ámbito territorial e que o persoal que se presente as futuras prazas a concurso ten que operar dende o día 1 de Xaneiro de 2018, estes novos traballadores necesitarán da formación necesaria para que o sistema funcione adecuadamente.
        Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿Como ten pensado o grupo de goberno levar a cabo a xestión da recollida do lixo no ámbito do persoal adscrito?
  • ¿Canto persoal do Consorcio das Mariñas quedará adscrito ao noso concello?
  • ¿Cantos novos postos de traballo se crearán?
  • ¿Teñen preparado o sistema de selección de persoal para estes novos traballadores?
  • ¿Cal é o plan de formación deste novo persoal?
  • ¿Chegarán a tempo para ter a 1 de Xaneiro de 2018 a un equipo formado na nova xestión do lixo en Arteixo?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.