Únete a nós

Se eres unha persoa progresista, preocupada por mellorar a nosa sociedade, por facela máis xusta e solidaria, por extender os valores da tolerancia e da solidariedade, o PSOE é o teu partido.

Se queres participar no proxecto socialista, se queres axudar a mellorar este país, se queres aportar o teu grao de area para acadar unha sociedade mellor, dende o compromiso político coma militante ou a colaboración coma simpatizante, afíliate ó PSOE.

Se eres maior de idade e resides en Arteixo, ÚNETE A NÓS.

Por medio da web do PSOE podes solicitar a tua militancia, pinchando aquí.
Militantes 
Os militantes son o principal activo que temos no Partido Socialista. Co seu compromiso e a súa participación na toma de decisións, contribuimos a definir o Proxecto Socialista.

Asisten con voz e voto nas reunións e asambleas, deciden na elaboración dos programas electorais, na vida interna do partido e na elección de candidatos e candidatas, tanto para procesos electorais internos coma externos.  

Se queres comprometerte e traballar polas ideas socialistas, faite militante.
Simpatizantes
Se queres colaborar co proxecto socialista, participar na política e na vida do partido, pero á túa maneira, sen o compromiso do militante, apúntate coma simpatizante.
Se tes unha idea que poida axudar a mellorar este país, ás súas xentes, nós somos un partido que pode poñela en marcha. Se te sintes próximo ós valores e contidos programáticos que representamos os socialistas; e queres ser escoitado, estar informado e opinar, faite simpatizante.
O único que se precisa é manter unha vontade activa de colaboración e inscribirse voluntariamente nun rexistro do correspondente ámbito orgánico para recibir información de actividades, reunións, etc. 
A maiores da afiliación vía web, se decides facelo con nós en persoa, cumplimenta a ficha de afiliación poñendo o X na casiña de militante ou simpatizante, pega anverso e reverso do DNI, NIE ou Pasaporte, e remítea persoalmente ou por correo postal á Sede do PSOE: Travesía Ría de Ferrol 4 Baixo 15142 Arteixo (A Coruña)

E se tes algunha dúbida, ou simplemente prefires vir persoalmente a coñecernos, chámanos ao 881 99 34 55 ou envíanos un correo electrónico a psoearteixo@gmail.com, facendo constar nome e apelidos, enderezo e teléfono para contactar contigo.