25 febrero 2009

Alfonso Guerra, Mar Barcón, Salvador Fernández Moreda y Pilar Souto en Arteixo

QUÉ SIGNIFICA SER SOCIALISTA
"Luchar para que nadie tenga tanto poder como para hacer que se arrodillen ante él, y que nadie sea tan pobre como para que se tenga que arrodillar ante nadie"




Esta é unha das frases que utilizou Alfonso Guerra no mitin que a Agrupación Socialista e a veciñanza de Arteixo tivemos o pracer de disfrutar este pasado domingo nun atestado Centro Cívico. Con esta frase Guerra define como debe ser un socialista de pro nestes difíciles tempos que nos toca vivir.



Sobre medio millar de persoas asistimos no Centro Cívico de Arteixo, ó mitin que nos ofreceron, Pilar Souto, Salvador Fernandez Moreda, Mar Barcon e Alfonso Guerra.



A nosa Alcaldesa fixo un rápido esbozo da situación actual e das medidas que Touriño está a eecutar para combater a crise. Lembroulle tamén ós asistentes que a construcción do novo Colexio de Arteixo, así coma o novo Centro de Saúde vai ser posible grazas ó Goberno Socialista de Emilio Pérez Touriño.



O seguinte en intervir foi o Presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda o cal lembrou as políticas sociais aplicadas por Emilio, as inversións en infraestructuras e en educación; a gratuidade dos libros de texto, a construcción de novos espazos para a docencia e a aposta polas axudas en investigación na universidade, así coma o grande aumento de becas, tanto para estudar aquí coma as creadas para o estudo idiomas ós paises correspondentes.



Mar Barcón Secretaria de Organización do PsdG-PSOE considera que “Arteixo es un modelo del que queremos los socialistas, porque es mirar para adelante, hay empresas, hay escuelas, hay vivienda pública, e sobre todo porque aquí conviven gentes de 55 países diferentes, que vinieron a Galicia a buscar o que muchos gallegos como mis padres fueron buscar fuera”.

Non hai ningún obxectivo máis grande nin máis honrado para nós que defender a igualdade de oportunidades de todas as personas. Non hai nazón, nin himno, nin patria que pague a pena se non hai traballo, dereitos e un futuro onde os socialistas estén loitando por aqueles que só teñen a súa dignidade, coma loitou a Alcaldesa Pilar Souto ó fronte dos seus veciños en contra do Plan Sectorial de Vivenda para que ninguén viñera impoñervos nada.



Pediu o voto para un Presidente que non fuxe, que non se agacha, que queda, un Presidente que creiu en Galicia. O Presidente que diu a cara durante a crise dos incendios e durante os últimos vendavais. O Presidente que puxo en marcha medidas económicas ante a crise que se aveciñaba.

O actual Presidente da Fundación Pablo Iglesias e Vicepresidente do Goberno nos Gobernos de Felipe Gonzalez, fixo un repaso, durante a súa intervención, da historia do PSOE, de máis de 130 anos, e lembrou que foi Pablo Iglesias o que enchiu de bibliotecas España, de Casas do Pobo, para que a xente aprendese a ler e escribir.



Sinalou que no 82 había unha gran crise e que, en seis anos levantaron os sistemas sanitario e educativo públicos, “una tarea obligada para un socialista”. Guerra considera que en 130 anos o que representa o exercicio do goberno socialista é mucho; “la vida no es más que un conjunto de conflictos, y lo que hay que tener son canales para solucionarlos”,

“Hay una crisis muy importante que la derecha atribuye a que el gobierno no lo ha previsto; pero esto tenía que explotar. Porque tiene que haber control público, y los impuestos se pueden bajar hasta un límite, porque si no, no habría carreteras, ni escuelas, ni hospitales. Lo que ha fracasado es el modelo neo liberal, aunque yo le llamo paleo liberal”.

“Los paraísos fiscales son un escándalo”, porque non pagan impostos e non preguntan de onde saen os cartos; e aludiu ó caso de Luis Pasaro, que “se le pasó el capital que tenía en las islas Caimán”.

“Pero todo en la vida tiene solución, depende de la voluntad y la capacidad: convicciones, ideología… cuando alguien dice que es apolítico es de derechas, seguro”, “hay que tener convicciones y hay que tener oficio”. “ser socialista es querer que no haya nadie que tenga tanto como para poder poner de rodillas a nadie y que no haya nadie que tenga tan poco que se vea obligado a tener que ponerse de rodillas ante otro”. “Donde haya una injusticia en el mundo hace falta un socialista, con carnet o sin carnet, con el corazón caliente para luchar contra esa injusticia”,

“En los años 40 hubo dos vergüenzas en la humanidad, el holocausto y la bomba atómica. Ahora Bush trajo Guantánamo y los muertos de la guerra de Irak”, e avisou de que necesitamos á Unión Europea porque si non“terminaremos siendo un gran hotel y un gran museo para los países que sigan desarrollándose”.

“Los socialistas tenemos que seguir trabajando por la transmisión de valores, de la igualdad, de libertad. La derecha cree que el poder es suyo y en Madrid la Señora decidió que había que darle dinero a las clínicas privadas y denunció a los médicos del Severo Ochoa”, sembran a dúbida, “y en la educación hacen igual”, “y no cumple la Ley de Dependencia, ni la Ley del Tabaco, se quiere quedar Caja Madrid…”, en definitiva, “el voto es un arma de futuro. Necesitamos una amplia mayoría para gobernar, y os pido que con honor con justicia y buscando la libertad voteis, y estoy seguro de que se llenarán las urnas de puños y rosas el uno de marzo”.



Guerra ofreciu o seu único mitin galego nun municipio simbólico. Arteixo é un Concello no que conviven cidadáns de 55 nacionalidades, unha babel creada ó redor dunha puxante industria cuxo emblema éInditex e onde se ergue unha das escasas mezquitas que hai en Galicia. O ex Vicepresidente insistiu en que "no hay dogmas políticos, ni religiosos" e advertiu contra a perigosa deriva dos nacionalismos.

Pero onde estivo sembrado Guerra foron nos seus ataques ó PP. Dúas pérolas: no marco da investigación da Operación Gürtel, invitou ó xuiz Garzón a pedir a lista de bodas do enlace da filla de José María Aznar con Alejandro Agag. E dixo que, para cacerías, a de Mariano Rajoy, que con esta investigación sobre a corrupción no PP ten cobradas tres pezas dun só tiro: Esperanza Aguirre, Francisco Camps e Alberto Ruiz-Gallardón.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.