14 febrero 2009

O Psoe de Arteixo inaugura o "Entroido" e a Campaña das Autonómicas

“NO ES LO MISMO TOURIÑO QUE FEIJÓO COMO NO ES LO MISMO QUE GOBIERNE BUSH QUE GOBIERNE OBAMA”.



Esta é unha das frases de Pepe Blanco e de Mª José Rubio que mellor sabor de boca deixou aos asistentes á tradicional laconada que a Agrupación Socialista de Arteixo organiza para inaugurar o Entroido.



Nesta ocasión, a inauguración foi por partida dobre, posto que sumouse ó inicio de campaña das Eleccións Autonómicas.

Durante a noite quedou claro, que Arteixo non quere voltar a unha Galicia con Pablos Crespo, ni con Esperanzas Aguirre dándonos leccións de privatizacións da sanidade pública. Arteixo aposta polas políticas sociais para saír da crise global, non como o señor Aznar que propugna rebaixar os dereitos sociais dos traballadores e abaratar o despido.

Dereitos sociais que inclúen a igualdade efectiva, tan criticada polos dirixentes do PP cando foi plantexada polo goberno de Zapatero e, asemade louvada en exceso si queen a plantexa é Obama.



Dereitos fundamentais coma a educación que fan que Galicia superara o seu tradicional atraso científico, cultural e tecnolóxico ó mesmo tempo que se está a pechar a brecha entre rural e urbe, valga a modo de exemplo a exitosa presentación da pizarra dixital que estará presente dende a educación primaria ou o aumento do número de ordenadores, o que supuxo en catro anos pasar de un ordenador por cada 12 alumnos a un ordenador por cada 5 alumnos. Todas estas melloras son debidas ás políticas de igualdade social do século XXI que son distintas das ofertadas polos gobernos socialistas nos años 80.

Esta sociedade preocupada polas consecuencias do cambio climático exixe dos seus dirixentes, políticas serias e rentables de sostenibilidade, que nos axuden no aproveitamento dos recursos naturais da nosa Galicia de forma equilibrada e respectuosa ó medio ambiente utilizando, entre outras, enerxías alternativas, limpas e renovables. Esta é a liña que seguen os gobernos progresistas liderados por presidentes socialistas.

Non é o mesmo o plantexamento de outros dirixentes como Aznar, que non sabe o que é o cambio climático, ou Rajoy que tene un curmán químico que opina que o burato dla capa de ozono no é importante e que, nembargantes Obama, que agora é o seu ídolo, pon a política enerxética española de Zapatero coma exemplo para contrarrestar os efectos do cambio climático.

Así demóstrase que o PP non arrima o ombreiro para axudar ó Goberno a remar na mesma dirección para dar solución ós problemas da sociedade española e galega.



De cara a esta campaña é preciso concienciar ós militantes e simpatizantes dla importancia de mentalizar ó país de que hai que seguir có cambio. Que Galicia merece seguir avanzando e non voltar a tempos pasados, que merece ser gobernada por un Presidente de confianza que nos una, que non crispe á sociedade galega. Por elo, é preciso que falemos con cada amigo, con cada veciño, con cada familiar para que ninguén quede na casa o día 1 de marzo, pensando que o seu voto no vai decidir.

Valga de exemplo o resultado nas derradeiras municipais en Palas de Rei (pobo que viu nacer a Pepiño Blanco) nas que unha familia íntima de Pepiño, chegou tarde ó colexio eletoral e tres votos do PSOE non chegaron a entrar na furna. A consecuencia desta tardanza foi que o PP consiguiu 1.432 votos, fronte ós 1.431 do PSOE, o cal impediu rematar con 25 anos de feudo popular.

De aí que vos pidamos a todos que o domingo 1 de marzo acodades en masa a votar por Emilio Pérez Touriño, O Presidente.

3 comentarios :

  1. Enhorabuena a la "cuchipandi" roja de Arteixo por la inicitiva del blog.Muy buena la anecdota de Pepiño Blanco.Las fotos bastante buenas.El dia 1 de Marzo tod@s a votar a Touri.
    Bicos..
    Jositopaicasares.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo19/2/09 8:35

    Anda que algun dos que foi a laconada no cometeu algun que outro pecadiño ca dieta, como se lle entere o medico vaille estricar as orellas

    ResponderEliminar
  3. corre por ahi o rumor de que o proximo e con Alfonso Guerra e certo?

    ResponderEliminar

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.