20 enero 2010

Aprobación dos proxectos para o novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade

O CONCELLO DE ARTEIXO APROBA OS PROXECTOS PARA O NOVO FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO E A SOSTIBILIDADE

A Xunta de Goberno do Concello de Arteixo se reunía esta mesma mañá en comisión ordinaria, e aprobaba por unanimidade as propostas para o novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade (RC 13/09).

Con estos proxectos o Goberno Arteixán pretende dar resposta ás demandas dos veciños do Concello, e cumprimentar algunhas das actuación xa previstas e en marcha co FEIL 2009, ao mesmo tempo que se busca modernizar e adaptar a administración e o acceso dos cidadáns á mesma, grazas a parte destinada a novas tecnoloxías.

PROXECTOS

PRESUPOSTO

REDE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO LARÍN

566.419,60 €

INFRAESTRUCTURAS TECNOLÓXICAS PARA A REDE MUNICIPAL

355.198,48 €

MELLORA DO ACCESO ÁS REDES DE INFORMACIÓN E TELECOMUNICACIÓNS NAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

155.000,00 €

IMPLANTACIÓN DE SEDE ELECTRÓNICA NA ENTIDADE MUNICIPAL

74.709,25 €

IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS DE XESTIÓN E SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA

180.463,89 €

DIXITALIZACIÓN DOCUMENTAL

72.671,99 €

CONSTRUCCIÓN DE SENDA PEONIL PARA AMPLIACIÓN DE PASEO FLUVIAL

253.094,76 €

REHABILITACIÓN DE MUIÑO PARA CREACIÓN DE ESCOLA DA NATUREZA

253.990,87 €

CONSTRUCCIÓN DE CENTRO MULTIUSOS MUNICIPAL EN PASTORIZA

1.085.348,16 €

AFORRO ENERXÉTICO EN INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

134.000,00 €

TOTAL

3.130.897,00 €



Estes proxectos foron xa presentados á oposición, que recibía esta mesma mañá copia dos mesmos, para darlles conta do contido e cuantía dos mesmos.

A tramitación da solicitude oficial destas axudas comezaba así oficialmente esta mesma mañá, de forma telemática, tal e como exixe o Real Decreto antes mencioado.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.