18 abril 2012

“ O señor Calvelo segue sen tomar ningunha medida, ante a deficiente situación do servizo de axuda no fogar e non convoca á oposición ata o luns 23 de Abril”



Dende o Grupo Municipal Socialista, despois de solicitalo por escrito, xa fai algunhas datas, esperamos con inquietude a reunión da xunta de portavoces, convocada para o luns 23 de Abril na que o goberno deberá informar sobre a situación do servizo de Axuda no Fogar, despois de que a empresa concesionaria “Galicia Saudade”, anunciase o despido de dous traballadoras e a redución de xornada de outras oito, como informaron os representantes dos traballadores.

Neste momento que os cidadáns estamos a vivir unha profunda crise, dende o concello temos que ter especial coidado neste tipo de servizos que son prioritarios para o noso parecer e que o Partido Popular tamén anunciara como tal, pero nos atopamos con que ata o momento as melloras que anunciou no servizo, resultaron falsas, posto que a atención básica que dependente do Concello, a reduciron nun 50%, e non deron altas dende a súa chegada ao goberno do Concello, paralizando a lista de espera que segundo os representantes dos traballadores conta con polo menos 40 solicitudes, chegando á situación de que a empresa anuncie despidos e plantexe reducións de xornada para as súas traballadoras, ademais de non estar cumprindo co prego de condicións, levando a cabo o servizo tamén nas fins de semana.

Por outra parte, voltaremos a solicitar explicacións de como se aprobou un prego de condicións, cun prezo por hora tan baixo, que fixo imposible que máis empresas se presentasen ó concurso e só Galicia Saudade aceptara unha prezo que nos consideramos “temerario” e que acaba repercutindo na calidade do servizo e nas condicións laborais das traballadoras da empresa. Unha empresa que voltamos a repetir que foi sancionada de gravedade pola inspección de traballo na Provincia de Pontevedra e lle foi retirado o servizo neste memso territorio, ademais das continuas denuncias que as súas traballadoras están a presentar no concello de Sada, con motivos idénticos aos do noso concello, ¿A que foi debido este temerario prezo marcado no prego de condicións?, ¿porque o Concello deixou un local municipal a dita empresa ata que foi denunciado en pleno polo Partido Socialista?, ¿Sabia o concello que con este prezo sería imposible cumprir o prego de condicións?. ¿Cales son as medidas que vai a tomar?, ¿Vai a tomar medidas ante o incumplimento do contrato e as reiteradas denuncias das traballadoras?, Asesorouse legalmente para iniciar un procesor sancionador a esta empresa? Estas preguntas e outras son as que deberán contestar os noso dirixentes que deben de tomar iniciativa e deixar de botar balóns fora como se este non fora un servizo municipal.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.