15 agosto 2012

NOTA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE ARTEIXO SOBRE O SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO


Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “No Grupo Municipal Socialista preguntámonos porque o alcalde  segue sen tomar ningunha medida contra a empresa que xestiona a axuda a domicilio, antes de que a situación se volva insostible como en sada, o grove ou vilagarcia ”





             Dende o Grupo Municipal Socialista  levamos posto de manifesto nas últimas datas, os continuos incumplimentos da empresa Galicia Saudade “XENTES”, concesionaria do servicio de axuda a domicilio no Concello de Arteixo, coas suas traballadoras e polo tanto coa calidade do servizo que poden realizar: A falla dun local axeitado, a falla de material de traballo ou a baixa calidade deste, a falla de respecto polos representantes dos traballadores, o incumplimento nas subrogacións, e os continuos retrasos no pago dos salarios das traballadoras, son situacións que o alcalde do noso concello non debería permitir.



            Pero lonxe de actuar contra esta empresa o alcalde segue sen tomar ningunha medida, nun servizo que se adxudicou por debaixo dun prezo axeitado para a sostenibilidade económica da empresa concesionaria, que temerariamente ofertou incluso por debaixo deste. A situación agrávase día tras día, e esta empresa xa veu como se lle rescataba este mesmo servizo no concello do Grove, as denuncias en Vilagarcia foron calificadas de moi graves e  no Concello de Sada as traballadoras levan máis de 6 meses sen percibir as súas nóminas, polo que só podemos esperar que a nosa situación camiñe hacia o mesmo final e teñamos que ver como a situación laboral das traballadoras de Arteixo se volva insostible e con ela a calidade dun servizo de vital importancia para o noso concello, como é a asistencia dos noso maiores e dependentes.



            Dende o noso Grupo solicitamos unha vez máis ao noso alcalde e o seu grupo de goberno do Partido Popular, que faga os trámites necesarios para rescatar este servizo e que o volva a poñer a concurso cuns prezos axeitados e dignos para un concello saneado económicamente, que debe utilizar o remanente para darlle unha mellor calidade de vida aos nosos veciños e máis a aqueles que maiores problemas atesoran e non utilizalo para despilfarros como está facendo ata o momento.



            Ademais preguntámonos cal é a vinculación desta empresa ao Partido Popular da comarca da Coruña para que os alcaldes de Sada e Arteixo estén aguantando esta situación sen tomar medidas ao respecto. Estas preguntas e rogos levaremos ao pleno.



Asdo:


Martín Seco García

Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.