17 septiembre 2012

O PSDEG-PSOE DE ARTEIXO DENUNCIA O ESTADO DA AUGA DA TRAÍDA DURANTE TODA A FIN DE SEMANA




Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia o estado da auga da traída durante toda a fin de semana, unha situación que sufren reiteradamente os cidadáns do noso concello”
 
             Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo queremos denunciar o estado lamentable da auga da traída, que tivemos que soportar os veciños de Arteixo durante todo o fin de semana e que non estaba solucionada ata esta mesma mañán de luns, unha auga de cor marrón que fai imposible que sexa utilizada para o consumo e incluso non sexa axeitada para o aseo persoal.
 
            Ademais esta situación se repetiu durante tódolos días do fin de semana e ata este mesma mañán, que seguíamos nesta situación, ninguén do Concello conqueriu que se solucionase este problema.
 
            Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo estamos preocupados por esta situación que se repite continuamente, sen atopar solución por parte dos que gobernan o noso concello, e nos preguntamos se sería máis recomendable que os cartos do remanente se utilizarán en modernizar a rede de abastecemento e saneamento deste concello, antes que en infraestructuras e obras que non son prioritarias, cando ademais temos barrios do noso concello que non contan todavía con estes servizos e outros como algún barrio de Meicende que están afogados por unha rede de saneamento máis propia dun país subdesenvolvido que dun concello como o noso. Facemos unha chamada de responsabilidade aos nosos mandatarios para que primeiro doten dos servizos mínimos a tódolos veciños do noso concello e despois pensen noutro tipo de obras que non son necesarias para ter unha boa calidade de vida.    
 
Asdo:Martín Seco García
                     Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.