10 octubre 2012

O PSDEG-PSOE DE ARTEIXO ESIXE QUE O ALCALDE CONVOQUE DE URXENCIA A XUNTA DE VOCEIROS SOLICITADA POLA SITUACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E OFRÉCESE A MEDIAR COAS REPRESENTANTES DAS TRABALLADORAS, SE ÉSTAS SON INVITADAS A DITA XUNTA DE VOCEIROS, PARA EVITAR A FOLGA NO SERVIZO



Esta semana, o Grupo Municipal Socialista preocupado pola situación do servizo de Axuda no Fogar e debido a que seguimos sen ter o mínimo de información esixible en democracia, solicitamos de novo unha Xunta de Voceiros, que o señor Calvelo comprometérase a convocar a finais de Setembro e que seguimos esperando impacientemente.

            Polo medio atopámonos, como as traballadoras cansadas de esperar a que o seu alcalde se reúna coas súas representantes e as informe da situación do servizo e despois de levar dous meses sen cobrar e moitos máis sufrindo os abusos da empresa XENTES sen que o goberno municipal defenda a súa situación, convocan unha folga para estas datas, cando ata o momento e aguantando os incumprimentos da empresa, foron a traballar día tras día, a pesar de estar sen cobrar e non ter en moitos casos recursos para afrontar os seus gastos mensuais.

            A contestación do señor Alcalde ante esta folga é a de acusalas de electoralismo e insultalas dicindo que non saben defender os seus intereses, unha actitude máis propia dun totalitarista, que do máximo representante de tódolos veciños. “Señor Alcalde, ¿cales son os tintes electoralistas destas traballadoras, levar dous meses sen cobrar ou que o seu alcalde non lles comunique as súas representantes legais cal é a súa situación?. Está na súa man, que polo ben dos usuarios do servizo evite a celebración de dita folga como esperamos tódolos veciños de Arteixo e con elo consiga poñerlle fin a esta problemática que está a suceder única e exclusivamente pola súa culpa”. “Chámalle electoralismo á dignidade das traballadoras que se movilizan para percibir a súa nómina, ¿como lle chamaría a estar destruíndo os servizos sociais que funcionaban correctamente na anterior lexislatura co goberno do PSOE, para voltar a política da mendicidade, co único fin de darlle un uso partidista a este departamento e utilizar electoralmente a aqueles que denunciaron a falla de cobertura destes servizos sociais ante unha necesidade extrema, facendo que repartan publicidade electoral do Partido Popular o día do feirón a cambio de promesas de axuda, que correrá a conta dos impostos de tódolos veciños de Arteixo?”

            Dende o noso grupo, unha vez máis para intentar darlle luz a este conflicto, queremos ofrecer dita Xunta de Voceiros para que sexan invitadas as representantes das traballadoras e mediar entre as dúas partes, para evitar dita folga nun servizo tan importante para o noso concello e darlle as explicacións e establecer os compromisos necesarios para que as traballadoras poidan continuar traballando nunha situación tan comprometida como a que están a vivir. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.