12 diciembre 2012

“O Grupo Municipal Socialista de Arteixo destina o custe da comida de maiores á Campaña de Nadal de axuda aos necesitados que fai CÁRITAS



O Grupo Municipal Socialista anunciou no Pleno de Novembro que non asisitiría á comida de maiores que por primeira vez será completamente gratuita e que xa ten máis de 1000 aistentes cun custe de 28,60 euros por persoa. Non entendemos como nestos tempos de grave crise que vive o noso municipio con máis de 3400 parados e con moitas familias ao borde da exclusión social se pode permitir o señor Calvelo o luxo de facer un derroche destas características nuha comida lúdica. Ademais os dirixentes do concello minten cando din que está comida ven subvencionada pola reducción de salario que implantou o seu presidente o señor Rajoy eliminando a paga extraordinaria de Nadal para os traballadores públicos que eles adoptaron pola vergoña de ver como se lle reducían os soldos a traballadores municipais que cobraba infinitamente menos que eles.

En días posteriores a dito anuncio CÁRITAS criticou a celebración desta comida gratuita e denunciou a situación insostible pola que estaba pasando o noso concello con relación as axudas que tiña que realizar esta ONG cun número elevadísimo de familias sen que o concello fixese ningún esforzo en combater a lacra da pobreza e a exclusión social, o noso grupo ven poñendo de manifesto en reiteradas ocasións, que o señor Calvelo e o seu grupo de goberno, dilapidan o presuposto e un remanente de 19 millóns de euros en media lexislatura en gastos completamente innecesarios mentres que os cidadáns esperan que o goberno local se acorde das súas dificultades e poña imaxinación e ideas na solución de pobreza que estamos a vivir.

Gastos en soldos astronómicos como o da concelleira de Economía, en persoal de libre designación, en proxectos, en contratacións externas, en obras innecesarias e extrañas gratificacións a só algúns traballadores municipais mentres o gasto social mengua e as necesidades cada día son maiores.

Dende o noso grupo queremos anunciar que destinaremos o custe de dita comida a participar na Campaña de Nadal de CÁRITAS e que presentaremos unha bateria de medidas contra a pobreza e exclusión cando sexan presentados os presupostos e se estos non incluen as medidas oportunas para loitar contra a lacra da crise.



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.