11 enero 2013

MEDIDAS URXENTES CONTRA A CRISE E A EXCLUSIÓN SOCIAL PARA O PRESUPOSTO 2013





Vivimos nos últimos tempos, unha situación dramática para moitas familias do noso municipio. A enorme cantidade de desempregad@s que existen na nosa localidade, empobrece a nosa poboación e aumenta exponencialmente o risco de exclusión social, existen un gran número de familias con parados de larga duración e nalgúns casos temos familias que non perciben por parte de ningunha das unidades familiares, ingresos ao final de mes. Existe tamén un importante freazo no consumo, e en consecuencia, unha baixada de actividade dos negocios, dos comerciantes e autónomos do noso municipio, polo que a busca de recursos para manter no sistema a estas familias debe de ser o obxectivo prioritario do noso Concello para o 2013 e os seus presupostos.


Dende o Partido Socialista entendemos que a urxencia para afrontar este grave problema é inaprazable e que dende o grupo de goberno do PP en Arteixo, deberían de terse tomado algunha das iniciativas que aquí presentamos para os presupostos de 2013. Presupostos que unha vez máis, baixan a porcentaxe de participación dos servizos sociais e protección social, pasando de 2.508.000 euros en 2012 a 2.344.050 no 2013. Sendo esta ademais unha tendencia que comezou coa chegada do señor Calvelo ao goberno do Concello de Arteixo, partindo dunha porcentaxe de participación nos presupostos dun 11,53% no 2011, pasou a un 10,05% no 2012 e agora chega a un 8,88 % en 2013, todo isto na coxuntura actual de crise galopante na que nos atopamos e co índice de parados máis alto da comarca coruñesa, con 3500 parados nas nosas contas.

Ademais, o grupo de goberno do PP, non é capaz de ter algunha iniciativa propia, para paliar ditos efectos na crise das familias e o único que fixeron e aumentar as contías en Emerxencia Social e recoller algunha idea que presentou a oposición en pleno con relación a axudas aos libros de texto, utilizando unha vez máis este departamento, como o departamento da caridade e non da solidariedade.

Porque o Partido Popular de Arteixo, non cree na igualdade de dereitos, nin ten absolutamente ningún tipo de dirección política no departamento de servizos sociais do noso Concello, cunha concelleira ausente e deixando este departamento na máis absoluta das anarquías, manténdose grazas ao traballo dos empregados públicos e malgastando os cartos de tódolos arteixans nunha empregada de confianza do alcalde Calvelo, que utiliza o departamento como un simple centro de consecución de votos entre os nosos maiores, que non ten a capacidade nin a sensibilidade política necesaria para dirixir un departamento de vital importancia para os nosos veciños.

Por outra banda podemos observar como tras un incremento importante no 2012 da partida de Emprego, este volta a baixar dun 5,1% a un 4,7 %, e non atopamos ningunha nova iniciativa atractiva para desenrolar neste ano 2013, que poida xerar un incremento do emprego e da iniciativa empresarial neste concello, só nos quedamos no continuismo dunha mera subvención directa dos contratos e das novas empresas, cunha contía moi limitada como xa se visualizou o ano pasado, e sen ningunha nova perspectiva de novidade que xustifique a dedicación exclusiva que dende o ano pasado ten o Concelleiro de Emprego, Comercio e Turismo,

A partida de Comercio, Turismo e PYMES, tamén ve minorada a súa partida dende o 0,8% do 2012 ata o 0,37% do 2013, sen ningún tipo de iniciativa política para desenrolar en ditos campos, cunhas partidas de mobiliario para a oficina de emprego e outra de 18.000 euros para dita oficina e para un plan de sinalización, esa é toda a política turística e de comercio que xustifica unha dedicación exclusiva, para un concelleiro que non exerce dirección política algunha nesta materia.

Estas son algunhas propostas, que dende o noso grupo levaríamos a cabo de ter a capacidade de goberno que o señor Calvelo obstenta:

1. Crear unha Comisión Especial de seguimento da pobreza e exclusión social, que conte coa participación dos técnicos municipais, partidos políticos, resto das administracións públicas, movementos sociais e organizacións sen ánimo de lucro co obxectivo de identificar as problemáticas derivadas da exclusión social e a posta en marcha de políticas preventivas da mesma.

2. Establecer a gratuidade do servizo de comedor para os fill@s de familias en risco de exclusión social, en idade de gardería ou comedor escolar, o custe correría a cargo dunha Bolsa de axudas as garderías e comedores escolares. Igualmente, implementaríase a gratuidade das actividades educativas, deportivas e de ocio (campamentos). Tamén se bonificarían nun 100% para este alumnado, aquelas actividades que organicen os centro escolar onde estén inscritos os fill@s das familias beneficiarias.

3. Establecer axudas directas con cargo ao concello, para as familias con risco de exclusión social, para a compra de libros, material escolar, equipamento e funxibles para os cursos escolares en 2013.

4. Bonificar os impostos de IBI e IVTM ata o 100% nos casos de familias en paro e con risco de exclusión social.

5. Levar a cabo a revisión das diferentes taxas e prezos públicos para o 2013, establecendo a gratuidade de certos servizos para aquelas familias que se atopen en risco de exclusión social.

6. Negociar coas empresas de transportes que exercen o seu servizo público en Arteixo, bonificacións municipais para os desprazamentos das familias con menos ingresos do noso concello, mediante una tarxeta ou bono bus que permita a mobilidade destes.

7. Os desempregad@s con cargas familiares, os seus cónxugues e fillos menores de idade e maiores no emancipados gozarían dun prezo subvencionado super-reducido para o uso das instalacións deportivas en edificios municipais de xestión privatizada e outros dependentes do Concello de Arteixo, e tamén para as actividades culturais, de ocio e tempo libre que sexan sustentadas con recursos públicos.

8. Constituir unha Comisión Local polo Emprego, integrada por tódolos partidos políticos do municipio, os axentes sociais, asociacións de empresarios e veciñais, a efectos de analizar e mellorar, na medida do posible, as políticas laborais seguidas dende o Concello e as empresas deste. Poñendo en marcha un sistema de reparto xusto, dos contratos que se creen dende o Concello, a efectos de garantir que todas las persoas en paro poidan acceder a un emprego en condicións dignas, por medio dunha transparente Bolsa de Emprego rotativa e fiscalizada pola Comisión.

9. Establecer unha base de datos coa acreditación de desempregad@ ante os Servizos Sociais mediante a presentación da tarxeta de desemprego, debidamente actualizada, así como as certificacións necesarias de ser ou no ser perceptor de axuda pública algunha, como requisito indispensable para estar na nova Bolsa de Emprego que se cree.

10. Negociar co texido empresarial de Arteixo, convenios onde poidan concurrir os desempregad@s con maior precariedade para atopar emprego, onde a súa cualificación poida ser de utilidade nas empresas privadas.

11. Solicitar á Xunta de Galicia, a implantación inminente de novos ciclos formativos orientados hacia os sectores industriais existentes no noso concello, industria química, metalurxia, moda,…

12. Creación no Centro Tecnolóxico dun viveiro de empresas para emprendedores con asesoramento técnico e xurídico por parte do concello,

13. Crear un cheque comedor para aquelas persoas en situación de desemprego ou con pensións reducidas, firmando convenios cos locais de hostelería do noso Concello, facendo unha dobre misión, a de facilitar unha comida digna para os nosos veciños con máis problemas económicos e unha reactivación dos locales de hostelería que se acollan ao convenio.

14. Estudar a creación dun Banco de Alimentos en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro que existan no noso Concello e asinando acordos coas empresas distribuidoras e comerciais para que se poida atender a nosa población, evitando que moitas toneladas de alimentos acaben nos vertedoiros.

15. En relación coa vivenda e a súa problemática, implementaríamos as medidas que xa foron levadas a pleno, xunto con algunha máis:

a. Crear unha Comisión Especial para atender casos de desafiuzamentos, composta por técnicos municipais, voceiros municipais e plataformas contra os desafiuzamentos, que estude a posibilidade de facilitar nestes casos, axudas ao aluguer, axudas para evitar o corte de subministros básicos como auga, gas ou luz e axudas á alimentación.

b. Revisar os protocolos de actuación de Servizos Sociais nos casos de desafiuzamento, e colaboración á hora de pedir aos xuíces a suspensión do desafiuzamento cando este sexa por motivos económicos e se refira á vivenda única e habitual.

c. Estudar a posibilidade de que o Concello adquirira Viviendas de Protección Oficial de carácter municipal nas que o propietario non poida facer frente a súa hipoteca para posteriormente realquilársela con opción a recompra futura, cláusula que debera figurar en todos los alquileres sociales.

d. Non poñer ningún axente da Policía Local a disposición das ordes de desafiuzamento.

e. Interpelar ás entidades financeiras que operan no municipio para esixirlles a paralización dos desafiuzamentos e a condonación de débedas ilexítimas froito do actual proceso de execución hipotecaria, coa indicación de que en caso contrario, procederase á retirada dos fondos municipais de ditas entidades.

f. Crear a Oficina de Intermediación Hipotecaria Municipal para poder axudar ás persoas afectadas polos desafiuzamentos, coa colaboración dos servizos xurídicos do Concello.

g. Promover a educación financiera dende a idade escolar, complementado con accions formativas e divulgativas para adultos. Realizando tamén campañas publicitarias periódicas que preveñan o endebedamento excesivo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.