24 septiembre 2013

O alcalde Calvelo quere asestar o derradeiro golpe a democracia en Arteixo


Dende a chegada ao goberno do PP co señor Calvelo vanse dando pasos cada vez máis antidemocráticos cun preocupante retroceso nos dereitos dos cidadáns e dos seus representantes públicos

Cunha radio municipal fora de servicio para evitar a participación dos veciños, co peche do concello polas tardes para os membros da oposición, coa celebración dos plenos en horarios inacesibles para a poboación e cunha diminución dos mecanismos de participación da nosa veciñanza, temos que soportar o derradeiro episodio deste pseudo dictador chamado Calvelo, que pretende establecer un novo Regulamento de Ordenanción Municipal, é dicir, o Regulamento do que depende o funcionamento do noso concello, sen querer debatir coa oposición as suas propostas e intentando impoñer o seu criterio por decreto impoñendo a súa maioria, nunha norma de convivencia que debería de ter sido consensuada por todos.

O Grupo Municipal Socialista presentou no mes de Agosto do ano 2012 unha proposta base para elaborar o ROM de Arteixo recibindo do PP a calada por resposta. O venres da semana pasada o grupo de goberno do PP convocou Xunta de Voceiros onde se realizaron as primeiras propostas que quedaron en ser analizadas polos membros do goberno municipal e tamén se estableceu o compromiso de debater o luns na Comisión de Asuntos do Pleno, as propostas que serían traballadas ese fin de semana. Tendo en conta que o documento for entregado o xoves, o Grupo Municipal Socialista foi o único que presentou por escrito 33 enmendas para dotar dunha maior democracia e participación aos plenos e demais órganos municipais. atopandose cun grupo de goberno do PP, que se negou a debatir ningunha das nosas propostas e decindo que ían a aprobar en Pleno o Regulamento tal como o presentaron e que se queríamos presentásemos alegacións e que serían estudiadas posteriormente a aprobación inicial, nunha actitude completamente antidemocrática e que foi rexeitada por tódolos grupos da oposición que pedimos a retirada do documento para ser debatido e consensuado entre todos.


O noso grupo deixou constancia de que se o Regulamento fose aprobado así, sen negocialo coa oposición, presentaríamos as alegacións que presentamos como propostas o luns, e nos comprometíamos a reformalo no mesmo instante no que o noso grupo tivese esa posibilidade, é decir,  cando existise unha nova maioría na casa consistorial que permitise que o aire fresco volvese a entrar na Casa do Concello.

Proposta de ROM do PP de Arteixo: (pinchar no elace)



ENMENDAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Á PROPOSTA DE REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL DE ARTEIXO 


1.- Artigo 3.4 - Trocar “suplente” por “suplentes”

2.- Artigo 7.1 – Trocar por “Cada un dos Grupos Políticos Municipais constituidos, en función da súa proporcionalidade, disporá sempre dun local na Casa do Concello, para reunirse de xeito independiente e recibir visitas da cidadanía.

            A Alcaldía poñerá a disposición dos Grupos Políticos Municipais a infraestructura axeitada de medios persoais e materiais”

3.- Artigo 7.2 – Eliminar “cunha antelación de 5 días hábiles” e “Non se poderá usar o Salón de Plenos da Corporación para estas finalidades”.

4.- Artigo 22.b – Engadir “Tódolos membros da Corporación Municipal, terán acceso inmediato aos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local unha vez teña rematado a súa reunión e terán copia da acta da sesión nun prazo de dez días”

5.- Artigo 23.3 – Eliminar todo o punto.

6.- Artigo 26.1 – Eliminar todo o punto.

7.- Artigo 28.1 – Trocar “máximo de dúas mocións” por “máximo de tres mocións”

8.- Artigo 28.2 – Trocar “como máximo unha moción urxente” por “como máximo duas mocións urxentes”.

9.- Artigo 29.1 – Trocar “tres minutos” por “cinco minutos”.
10.- Artigo 29.2 – Eliminar “non se procederá á transcripción da mesma na acta”.

11.- Artigo 29.4 – Eliminar todo o punto.

12.- Artigo 31.2 – Trocar “non excederá de 5 minutos” por “ non excederá de 10 minutos”.

13.- Artigo 31.3 - Trocar “non excederá de 3 minutos” por “ non excederá de 5 minutos”.

14.- Artigo 31.4 – Engadir “No caso de tratarse puntos como a aprobación do Presuposto Municipal, ou a aprobación de Plans Urbanísticos de importancia para o noso concello non se limitará o tempo de exposición e réplica dos diferentes voceiros municipais”.

15.- Artigo 31.5 – Engadir “Dita intervención será utilizada para aclarar algunha dúbida xurdida do debate ou xustificar o posicionamento di grupo de goberno no tema a tratar, no caso de abrir outros puntos de debate ou facer alusións a algún dos membros da corporación ou aos seus grupos políticos, abrirá unha nova quenda de intervencións”.

16.- Artigo 31.8 – Eliminar “o 50%”.

17.- Artigo 35 – Eliminar  “sempre que os anuncien…ao comezo da sesión”.

18.- Artigo 35 –  Engadir  despois do segundo parágrafo  “Os rogos presentados por escrito deben de ser contestados de igual xeito polo grupo de goberno”.

19.- Artigo 35 – Eliminar  “O número máximo … membro non adscrito”

20.- Artigo 36.1 – Eliminar “As preguntas… ou por escrito”

21.- Artigo 36,1 – Eliminar “ O alcalde/alcaldesa – presidente/a non admitirá… estritamente xurídica”.

22.- Artigo 36.2 – Eliminar “ata un máximo de tres preguntas de resposta oralen cada pleno ordinario”

23.- Artigo 36.3 – Engadir despois de “ destinatario/a”,  “….por escrito….”

24.- Artigo 37.4 - Eliminación do punto.

25.- Artigo 37.5 – Eliminación de “nin difundida.. e Prensa”.

26.- Artigo 40.3 – Trocar “dentro do horario…14:00 horas” por “ás 20:00”.

27.- Artigo 40.4 – Eliminar o punto.

28.- Artigo 43 - Trocar todo o punto por

Artigo 43.- Comisións Informativas

43.1

a)    As Comisións Informativas, integradas por membros da Corporación, son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta e preparación dos asuntos que deban ser sometidos á decisión do Pleno e da Xunta de Goberno Local cando ésta actúa con competencias delegadas polo Pleno, salvo cando haxan de adoptarse acordos declarados urxentes. Todos os Grupos Políticos e concelleiros/as non adscritos integrantes da Corporación terán dereito a participar nestes órganos, mediante a presenza de concelleiros/as pertencentes aos mesmos.

b)   Igualmente informarán aqueles asuntos da competencia propia da Xunta de Goberno Local e do alcalde ou alcaldesa que lles sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión de aqueles.
43.2
a)    As Comisións Informativas poden ser permanentes e especiais.

b)    Son Comisións Informativas permanentes as que se constitúen con carácter xeral, distribuíndo entre elas as materias que deban someterse ao Pleno. O seu número e denominación iniciais, así como calquera variación das mesmas durante o mandato corporativo, se decidirá mediante acordo adoptado polo Pleno a proposta do alcalde ou alcaldesa, procurando, na medida do posible, a súa correspondencia co número e denominación das grandes áreas en que se estructuren os servizos corporativos.

c)    Son Comisións Informativas especiais ás que o Pleno acorde constituír para un asunto concreto, en consideración ás súas características especiais de calquera tipo. Estas Comisións extínguense unha vez que dictaminaran ou informaran sobre o asunto que constitúe o seu obxecto, salvo que o acordo plenario que as creou dispuxese outra cousa.

43.3 O alcalde ou alcalde/esa - presidente/a do Concello de Arteixo é o presidente/a nato de todas as Comisións Informativas que funcionen neste Concello, sen prexuízo de que poida delegar a presidencia efectiva en calquera membro da Corporación.

Será secretario/a das Comisións Informativas o/a Secretario/a xeral do Concello ou o/a funcionario/a do Concello designado pola Alcaldía a proposta do/a Secretario/a xeral de conformidade co disposto no artigo 13.2 do Real decreto 1174/1987, de 18 de setembro. “

43.4 Cada Comisión estará integrada de forma que a súa composición se acomode á proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos municipais e concelleiros/as non adscritos representados na Corporación.

43.5 A adscrición concreta a cada Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación de cada grupo e concelleiros/as non adscritos realizarase mediante escrito do concelleiro/a ou voceiro/a do grupo dirixido ao alcalde ou alcaldesa podendo designarse, de igual forma, neste último caso, un/unha suplente por cada titular. Das designacións darase conta ao Pleno.

43.6
a)           Os dictames das Comisións Informativas non son vinculantes aínda que si preceptivos como previos ás decisións que adopte o Concello Pleno ou pola súa delegación á Xunta de Goberno Local.

b)           En supostos de urxencia e nas sesións ordinarias, o Pleno ou a Xunta de Goberno Local poderán adoptar acordos sobre asuntos non dictaminados pola correspondente Comisión Informativa, pero, nestes casos, do acordo adoptado deberá darse conta á Comisión Informativa na primeira sesión que se celebre. A proposta de calquera dos membros da Comisión Informativa, o asunto deberá ser incluído na orde do día do seguinte Pleno con obxecto de que este delibere sobre a urxencia acordada, no exercicio das súas atribucións de control e fiscalización.

29.- Artigo 45.2 – Engadir ao remate “e igualmente poderá requirir a presenza de calquera concelleiro/a ou funcionario/a municipal para informar sobre o asunto da súa competencia incluída na orde do día”

30.- Artigo 45 – Engadir puntos

45.8 A Xunta de voceiros reunirase, con carácter obrigatorio, dez días antes da celebración das xuntanzas do Pleno do Concello, xa sexan estas xuntanzas de carácter ordinario ou extraordinario. No caso de convocatoria de Plenos urxentes, a xuntanza celebrarase sempre que sexa posible cando xurda a urxencia que faga necesaria a celebración do Pleno. Nestas xuntanzas o alcalde ou alcaldesa someterá a consulta as ordes do día dos Plenos e os voceiros informarán e serán informados dos asuntos de urxencia que prevexan formular nestes Plenos.

            45.9 Sen prexuízo das restantes funcións que lle asigne o presente Regulamento, a Xunta de Voceiros deberá ser consultada previamente para:

a) Fixar os criterios xerais para o mellor funcionamento de todos os órganos corporativos e Comisións Informativas.
b) Sinalamento das persoas que deben representar ao Concello nos casos en que este debe estar representado instituicionalmente en outros organismos.
c) Interpretación deste Regulamento e aclaración das dúbidas que se susciten con motivo da súa aplicación.

31.- Artigo 51 - Eliminación de todo o punto

32.- Artigo 52 – Trocar o punto por:

52.1. A consulta e exame concreto dos expedientes, libros e documentación en xeral do Concello, polos/as concelleiros/as, rexerase polas seguintes normas:

a) A consulta xeral de calquera expediente ou antecedentes documentais poderá realizarse, ben no arquivo xeral ou nas dependencias onde se atope, ben mediante a entrega dos mesmos ou de copia ó membro da Corporación interesado para que poda examinalos no despacho ou salas reservadas ós membros da Corporación. O libramento de copias limitarase ós casos citados de acceso libre dos concelleiros á información e ós casos en que isto sexa expresamente autorizado polo Presidente da Xunta de Goberno Local.

b) En ningún caso os expedientes, libros ou documentación poderán saír das correspondentes dependencias ou oficiñas deste Concello.

c) A consulta dos libros de actas e de resolucións da Alcaldía e en xeral de canta documentación estea sometida á fe pública, deberá efectuarse na Secretaría Xeral ou dependencia que o/a secretario/a xeral sinale, coa presenza do mesmo secretario/a xeral ou funcionario/a en quen delegue.

d) O exame dos expedientes incluídos na orde do día dunha sesión poderá facerse no lugar en que se poña de manifesto a partir da convocatoria.

52.2 No suposto de entrega previsto no apartado a) do número anterior, e a efectos do oportuno control administrativo, o interesado deberá firmar un acuse de recibo e terá a obrigación de devolver o expediente ou documentación nun termo máximo de corenta e oito horas, ou antes, en función das necesidades do trámite do expediente en cuestión.

52.3 Os/as concelleiros/as do Concello de Arteixo teñen o deber de gardar reserva, en relación coas informacións que se lles facilite para facer posible o desenvolvemento da súa función e singularmente as que deben servir de antecedente para decisións que aínda se atopen pendentes de adopción, baixo a súa responsabilidade, evitando a reprodución da documentación que poida serlle facilitada, en orixinal ou copia, para o seu estudo.

33.- Artigo 61 – Engadir Deberá ser ratificado por 2/3 dos membros da corporación local e será un cargo non retribuído.





No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.