10 abril 2014

“É un escándalo a modificación das normas subsidiarias no Polígono de Sabón, continuando co “urbanismo a carta” e deixando visible a ilegalidade cometida na construcción da rotonda de Baixamar, onde recordamos morreu un rapaz non fai moito tempo nun accidente de tráfico”


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE advertiu fai poucas datas da práctica continuada dun “urbanismo á carta” por parte do goberno do Partido Popular no concello de Arteixo, algo que voltamos a ver reflexado na modificación das normas subsidiarias no Polígono de Sabón, cunha modificación a carta dos usos do solo para beneficiar a uns propietarios determinados deste polígono sobre o resto das parcelas deste, deixando unha vez máis no caixón o desenrolo do Plan Xeral de Ordenación Municipal que debería de facer un troco en todo o solo do Polígono e non só nunhas parcelas determinadas, como tiña planificado o anterior grupo de goberno local. 

Dende o Grupo Municipal Socialista voltamos  a poñer de manifesto a necesidade de que a fiscalía investigue este xeito de facer política urbanística dende a nosa administración, buscando o beneficio particular duns propietarios determinados en non do noso concello en xeral, ademais queremos recalcar a gravidade da execución dunha nova rotonda en Baixamar, sen ter feito anteriormente a modificación necesaria destas normas como figura na modificación que acaban de facer pública, xa que as normas antigas non tiñan reflexada esta infraestructura no planeamento e queremos recordar que nesta nova rotonda tivo lugar fai poucas datas un accidente con víctimas mortais, o que fai todavía máis grave dita actuación e moito máis irresponsable o xeito de comportarse dos nosos gobernantes.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.