25 abril 2014

MOCIÓN PARA SOLICITAR A REINCORPORACIÓN DAS ARQUITECTAS MUNICIPAIS AOS SEUS POSTOS DE TRABALLO

Hoxe, tódolos grupos da oposición presentamos esta moción pedindo a reincorporación das arquitectas municipais segundo dicta a setenza firme do Tribunal Supremo, deixovos aquí a moción:


As concelleiras e os concelleiros dos grupos municipais de Terra Galega, Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista  presentan ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal, a seguinte moción de urxencia

O 5 de marzo de  2014 a  sala  terceria do Tribunal Supremo dictou  sentenza nos recursos de casación número 4408/2012 contra os dous autos de 28 de xuño de 2012 e 12 de setembro de 2012 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Na senteza fica claro que non hai lugar aos recursos de casación interpostos polo concello de Arteixo contra os autos mencionados que anulaban os ceses de María Jesús Silva López de de Luísa Aba Garrote e ordenaba que foran repostas nas súas prazas de arquitectas municipais do Concello de Arteixo. O Concello de Arteixo decidiu interpor un Recurso de Casación na vez de acatar a sentenza.

O PP de Arteixo decidiu na xunta de goberno local 7 de marzo de 2012 cesar as dúas arquitectas dos seus postos de traballo, en execución dun auto  de 10 de decembro de 2009, resolución que naquel momento foi moi criticada. A  sentenza  confirma que a decisión adoptada na Xunta de Goberno foi totalmente desproporcionada. Esta decisión adoptada polo goberno do PP privou durante dous anos do seu posto de traballo e polo tanto dun salario a dúas persoas, traballadoras que se viron na rúa sen dereito nin a poder cobrar a prestación por desemprego. Canto máis tarde o goberno local en cumprir a sentenza os danos para as dúas persoas afectadas incrementaranse e a solicitude de indemnización ao concello tamén medrará. Por outra banda, a incorporación supoñería un aforro moi evidente en proxectos técnicos e direccións de obra  que agora mesmo se están contratando fóra.

Na sentenza fica claro que os ceses non poden considerarse unha medida administrativa que fose necesaria ou imprescindíbel e xustifícao perfectamente e con contundencia chegando a afirmar na conclusión final que hai un execeso de execución nos ceses e que a decisión dos autos de anulalos foi correcta. 

Os grupos municipais que asinamos esta moción consideramos que o concello ten a obriga de xeito inmediato de anular os ceses da Sra. Silva López  e da Sra. Aba Garrote para evitarlles maiores danos profesionais e persoaIs ás dúas arquitectas e para impedir maiores perxuízos económicos ao Concello de Arteixo

Por todo isto, SOLICITAMOS

 1.- QUE SE ANULEN DE XEITO INMEDIATO OS CESES DAS SRA. SILVA LÓPEZ E DA SRA. ABA GARROTE, E SE REPOÑAN NOS SEUS RESPECTIVOS POSTOS DE ARQUITECTAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE ARTEIXO SEN MÁIS DILACIÓN.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.