15 abril 2014

“O PSdeG-PSOE de Arteixo advirte do mal estado no que se atopa o lavadoiro de Oseiro e o perigo de que se produza algún derrubamento”


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE quere advertir do mal estado no que se atopa o lavadoiro de Oseiro e as gretas que ten nas columnas que suxeitan a cuberta e que fai necesario que o Concello tome as medidas necesarias para salvagardar esta infraestrutura do noso concello e por outro lado que non se produza ningún accidente, ante un posible derrubamento polo estado das columnas que terman da cuberta e que poderían causar graves danos a aqueles que estiveran baixo o seu acubillo, como sucedera fai uns cantos anos no derrubamento dun lavadoiro similar a este na Grela.   

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo solicitámoslle ao grupo de goberno do PP que tome as medidas necesarias para salvagardar a seguridade dos veciños e proceda a arranxar un patrimonio do noso concello como é este lavadoiro


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.