24 julio 2014

“A delincuencia aumenta exponencialmente no noso concello mentres o señor Novo se vanagloria de baixar uns índices de delincuencia que só él debe crer”


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE denunciou en diversas ocasións desta lexislatura o alarmante aumento da delincuencia no noso concello, sendo habituais os roubos nos vehículos aparcados nas rúas, aumentar de xeito importante os roubos a locais comerciais, incluso chegando a recibir as preocupacións dos veciños das zonas rurais polo incremento dos roubos das suas colleitas, nalgún caso ademais apareceron casos con uso de violencia moi preocupantes. 

Ante esta situación o Concelleiro de Seguridade tivo a ben difundir nunha entrevista a un medio  de comunicación local que o que desexe máis seguridade que a pague, dando por perdida a batalla contra os delincuentes e deixando en mans privadas a seguridade dos veciños, posteriormente advertimos como dende esta concellería se negaban os feitos delictivos, como no caso dunha denuncia dun roubo nun coche na zona do Pabillón de Ponte dos Brozos, que dende o noso grupo tivemos a desgraza de poder observar e que foi negado ao día seguinte nun pleno por este mesmo concelleiro, dicindo que non lles constaba nos datos da súa concellería, o que nos leva a pensar se poden estar maquillando os datos das denuncias recibidas polos cidadáns deste concello co fin de publicar nos medios de comunicación o descenso continuado dunha delincuencia que tódolos que vivimos neste concello sabemos que medrou exponencialmente nestes derradeiros tres anos.

Agora son os propios veciños os que están a denuncialo nos medios de comunicación, con fotos dos seus vehículos, esperamos que dende esta concellería tomen nota e poñan toda a carne no asador recoñecendo a situación que estamos a vivir e poñendo solucións encima da mesa para facer posible que os nosos veciños se sintan seguros, moito máis en tempo de festa onde as rúas se enchen de cidadáns dispostos a pasalo ben

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.