16 octubre 2014

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Ante as múltiples queixas que recibimos pola instalación da minirotonda situada na Travesia de Oseiro, solicitamoslle ao concello que retire esa instalación que empeora o tráfico e a seguridade vial” 

Mentres o Concello de Arteixo e a Xunta de Galicia ten esquecidas as reivindicacións das asociacións de veciños de Oseiro no que ten que ver coa sinalización e pintado da via AC-415, e non se toman medidas contra a perigosidade existente nalgúns puntos desta vía do noso concello, temos que ver como a única medida que se leva a cabo é a instalación desta minirotonda á altura da escola infantil Vagalume, instalación que non só está a traer quebradeiros de cabeza aos usuarios da estrada, que están sufrindo os problemas que se xeneran coa paradas do bus impedindo o tráfico pola rotonda, cunha instalación marcada nun lugar perigoso e que está poñendo en risco a moitos conductores do noso concello que ao mesmo tempo visualizan a inutilidade desta nova infraestructura.

 Dende o PSdeG-PSOE, esiximos ao concello que escoite aos veciños e solicite da Xunta de Galicia que retire esta instalación e chegue a un acordo coas asociacións veciñais para poñerlle un pouco de sentido común a sinalización viaria, aos xiros, as liñas continuas e as infraestructuras a instalar como a necesidade dunha nova rotonda máis arriba na rúa que leva a igrexa de Oseiro. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.