12 noviembre 2014

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Como un militante máis, comezo o proceso para recoller avais e poder presentarme en primarias a ser candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Arteixo e quero comezar coa mesma transparencia que desexo implantar no noso municipio”


Despois dunha larga reflexión persoal e sabendo que conto co apoio unánime dos compañeiros da Executiva Local de Arteixo, chegou o momento de facer pública a miña intención de concorrer ao proceso de primarias para a elección de candidato á alcaldía de Arteixo, para o cal me dispoño a solicitar os avais necesarios para poder levar a cabo dita posibilidade e quero facelo do mesmo xeito que calquera outro militante, posto que podería ser designado candidato co apoio maioritario da executiva local, pero cando un cree nos mecanismos de participación, estes deben de ser iguais para tod@s.

Tomo esta decisión sendo consciente da responsabilidade que asumo e coa ilusión de poder levar a cabo un proxecto para os meus veciñ@s onde prime a participación e a transparencia na xestión, un proxecto onde as persoas sexan o realmente importante, onde sexamos quen de conxugar industria e infraestruturas con medioambiente e calidade de vida, un proxecto onde poñamos en primeiro lugar a búsqueda de postos de traballo para a nosa cidadanía e onde os servizos sexan os axeitados para os nos@s veciñ@s.

Para elo quero comezar facendo público a miña sinatura do compromiso ético do Partido Socialista, a miña declaración de bens e a derradeira declaración da renta que presentei, como símbolo dun compromiso coa transparencia na xestión que dende a miña candidatura do Partido Socialista queremos levar a cabo. Esta incluida na páxina web do candidato. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.